Sho is an artist working under the pseudonym “Zetta.”
Most just view the heaps Sho creates as trash, which, fair, that’s what it’s made of, and he doesn’t take it personally. Though, it’s worth knowing that each and every piece in the heap has been carefully collected and put together, all perfectly calculated to be stable (with the help of some welding here and there.) Although these heaps are often in the UG, they appear at random in the RG as well as pop up street art exhibits that normally end up removed by the city.
Not every Reaper can say they studied visual fine arts, with a minor in architecture, when they were alive-- but Sho is one to take every opportunity to brag about his degree. Although his tuition was cut short do to, y’know, dying, after becoming a Reaper, he continued with his studies until he had completed his education-- it’s something he takes a lot of pride in.
Sho works in a variety of mediums, although his favorites are liquid acrylics and sculpture (whether from clay or found objects,) but he generally doesn’t like to limit himself in his mediums because otherwise he gets bored, flip flopping between mediums are projects at the drop of a hat. Most of his work features muted colors, if not outright monochrome. whenever he does use color, it tends to be red or yellow, generally warm colors. Sho really only uses a lot of colors if the final intent is too look like an absolute mess. This is because he is colorblind.
Planning pieces comes and goes, usually if he knows things will have to be perfect to even beyond the one billionth decimal place, such as with his sculptures, he;ll have the foresight to plan ahead, but other time’s he’ll take pleasure in stabbing a spray can with a screwdriver and throwing it at a canvas. He is not bound by rules, so why should his art be?
The art style of Sho Minamimoto, to put it simply, is chaotic but he prefers to call it “creation through destruction.” Torn sketchbook pages, garbage being turned into art, ruined canvases and expired supplies, to ruin something was in a way, beautiful. Although, Sho does have pieces with clear subject matter (or, are intact, if you will.) Skulls, deformed people, horror/gothic-eque, that’s what he preferred, if anything that wasn’t abstract or found art.
Other’s have described his artwork as altermodern, transgressive, or informalist and his architectural work as fractal art. He also takes inspiration from dadaism’s philosophy of anti-capitalism and irrationality of expression, although his works do not share the same aesthetics. Sho doesn’t care what you call his art, even if you were to say that it’s anti-art, he just really, really likes making things and is happy enough to have built somewhat of a career around it (although, he’s definitely less well known than someone of the likes of CAT, but enough to be popular as some of his work can be seen as controversial.)
2 notes
·
View notes
Informalismo e inconformismo nas obras de Rafael Canogar
Nas décadas dos anos 50 e 60 do século pasado xermolaron contra a ditadura franquista unha pléiade de artistas, e en diferentes xéneros creativos, que agora, coa distancia dos tempos, sorprenden se pode máis e acadan estaturas sobredimensionadas ao recoñecer a valentía daquelas persoas. Entre as tebras da longa noite, por medio dos grises fascistas, tiveron un rol importante Rafael Canogar e mais todo o grupo que conformou EL PASO. Como veu “o réxime” a estas mocidades inconformistas? Aproveitouse delas?
Lito Caramés
Canogar. Dintel, 1958
Canogar. Els anys informalistes. Galería Mayoral
La gestualidad empastada con que tocaba el lienzo generando figuras disruptivas, como si se tratase de un refulgente barro negro impactado, que, a su vez, producía un efecto de violento contraluz, tal y como se nos manifiesta en sus cuadros de fines de 1950, se mantiene viva en los años posteriores, aunque se haga visible mediante cortes, desgarros, troceamientos. (...) Parece como si la energía volcánica de Canogar coagulase de una forma mineral. (F. Calvo Serraller, 2013).
A comezos deste ano 2021, Segundo Ano da Pandemia -tempos (outra volta?) de negritude cultural, de populismos estériles e de pretendidos radicalismos maniqueos-, a galería de arte Mayoral continúa co seu programa de presentar en Barcelona a artistas rachadores e innovadores dos anos 50 da centuria pasada. Artistas que polas súas creacións e polos seus compromisos sociais e políticos son quen de seguir a darnos leccións de coherencia, de integridade ética. Entre os anos 50 e 60 próximos pasados ferven baixo a ditadura franquista as necesidades de liberdade, de tronzar as cadeas do pensamento único. Bo exemplo son a aparición de dous grupos artísticos como El Paso ou Dau al Set, e obras literarias como Tiempo de Silencio, Jarama, A modo de Esperanza e mesmo Longa Noite de Pedra. Outro tanto atópase se se mira cara o cinema: Plácido, El Verdugo, Muerte de un Ciclista, Viridiana. E se é o campo da fotografía o observado, resalta con luz explosiva a obra a redor da revista AFAL (Almería) e de afeccionados como o sen par Carlos Pérez Siquier.
Como contrapunto, hogano parecen imperar as propostas exclusivistas, as confrontacións sociais, tal e como mostran opcións tan perigosas como o trumpismo e imitadores.
Rafael Canogar (Toledo, 1935) segue creando e mantendo a súa integridade consigo mesmo. Agora Mayoral presenta a exposición Canogar. Els Anys Informalistes, unha oportunidade para volver ver en Barcelona pezas magníficas daqueles anos de finais dos 50 e comezos dos 60 que tanto reflectían as preocupacións estéticas e ansias de liberdade da mocidade que se atopou vivindo nunha sociedade desfeita por unha guerra e represora pola ditadura. Unha nova ocasión para comprobar como Canogar e demais artistas albiscaban o futuro rebuscando na propia conciencia vital as respostas que lle eran negadas na realidade diaria: procurar as saídas no cotiá en branco e negro. Como escribiu o propio Canogar anos máis tarde (Espejismo y realidad, 2011): El negro es en nuestra cultura española un símbolo de luto y muerte, connotación trascendental de tránsito a otra dimensión, incógnita y misterio siempre presente en el horizonte del hombre. Hai nestas verbas alusións a Goya? E ao Cristo de Velázquez, e a certas pezas que El Greco pintara na súa cidade natal?
A mostra Canogar. Els Anys Informalistes está comisariada polo especialista Enrique Juncosa, poeta e comisario; ex-director do Irish Museum of Modern Art de Dublín (IMMA) e mais do Museo Reina Sofía, entre outros. Ten publicados numerosos traballos sobre arte, comisariado importantes exposicións (na Tate Britain, no CCCB, no Guggenheim de Bilbao) e publicado dez libros de poesía. A palabra e a imaxe sempre a carón, sempre á procura da abstracción das existencias.
Canogar. Raza, 1958
Canogar. Els anys informalistes. Grupo EL PASO
EL PASO nace como consecuencia de la agrupación de varios pintores y escritores que por distintos caminos han comprendido la necesidad moral de realizar una acción dentro de su país. EL PASO pretende crear un ambiente que permita el libre desenvolvimiento del arte y del artista, y luchará por superar la aguda crisis por la que atraviesa España en el campo de las artes visuales (sus causas: la falta de museos y de coleccionistas, la ausencia de una crítica responsable, la radical separación entre las diferentes actividades artísticas, la artificial solución de la emigración artística, etc.) (Manifiesto do grupo EL PASO, 1957).
O Grupo El Paso nace na posguerra española, alá polo ano 1957, coa intención de romper a escura noite de pedra que prohibía a expresión artística durante a ditadura de Franco. É dicir, xa nacen criticando o deserto expresivo e reivindicando a liberdade de creación. Entre os membros fundadores están os pintores Rafael Canogar, Luís Feito, Juana Francés, Manuel Millares, Antonio Saura, Antonio Suárez; os escultores Pablo Serrano y Martín Chirino, e os críticos Manuel Conde e José Ayllón. Este grupo de artistas -igual que lle acontecía aos creadores de Dau al Set en Barcelona e mais ao mangado de escultores vascos- está moi condicionado pola recen acabada Guerra Civil, pola posguerra (represións, asasinatos) e mais pola triste perspectiva que se lles ofrecía diante dos ollos se seguían en España. a unidade deste grupo informalista vén aportada polo que sufre a sociedade: a vida en gris, o dominio do negro e branco, a constrición de materiais, como se a miseria material e espiritual prohibise usar pinturas ou materiais alegres e vivos.
O poeta e crítico de arte Juan Eduardo Cirlot xa definía ao Grupo El Paso (no ano 1959) como unha tropa de xente nova (moitos entraron no grupo con menos de 25 anos) que refusaban as cores -o negro como elemento estético, definidor e manifesto de rebeldía-, que apostaron pola calidade plástica recorrendo ao emprego de escasos elementos e signo expresivos, á non imaxe e ao recurso de utilizacións reiterativas de recursos estéticos que os emparenta co ascetismo e austeridade de séculos pretéritos. Deste xeito, atopan solucións plásticas ben críticas que creadoras e creadores empregan para dar contido ético á situación persoal e social que padecen naquelas momentos por obra e graza da ditadura franquista.
Canogar, Toro de fuego, 1959
Cómpre recoñecer, tamén, que paralelamente á rebeldía antifranquista as persoas que decidiron crear obras contrarias ás propostas oficiais (realismo, arte naturalista) tiveron aliadas aquelas persoas que noutras xeografías optaron por buscar novas sintaxes expresivas. En especial a mocidade da chamada Escola de New York, coñecidos como os expresionistas abstractos (Pollock, de Kooning, Rothko, Gorky, Tobey). Estes nomes van da man de técnicas como a action painting, onde o lenzo non é precisamente un espazo sobre o que a/o artista pensa proxectar a idea que leva un tempo matinando nos seus miolos. Non. A tela é un espazo, un teatro, onde representar unha función, unha performance que nace, que se fai ao tempo que é executada. Estes artistas maduran á raxeira de tantas e tantos surrealistas europeos que se refuxiaron en EEUU antes e durante a II Guerra Mundial (Miró, Tanguy, Breton, Dalí). Por tanto o inconsciente é guieiro nos seus traballos. Desde hai uns anos está demostrado que a CIA e os gobernos ianquis estiveron por tras deses creadores, foron os seus mecenas: formar unha escuadra de artistas que se puidesen opoñer aos europeos, progresistas e tamén comunistas (Picasso, Matisse, etc.).
Os integrantes do grupo EL Paso tamén foron influenciados polos informalistas europeos (Fautrier, Burri, Wols). En concreto, no mesmo ano que se funda EL PASO en Madrid ábrese unha exposición (Otro Arte, organizada polo crítico francés Michel Tapié) na que foi doado contemplar pezas de Canogar, Feito, Millares ou Saura a carón de pinturas teatrais de Pollock, de Kooning, Tobey e tamén de informalistas europeos (Fautrier, Wols) e tamén a Tàpies, daquela no grupo barcelonés Dau al Set. Todo un luxo para aqueles anos de peche, de racionamento espiritual e cultural. (Hogano, por outras causas, estase a pasar tamén por tempos de peche social; derivará tamén a pandemia nun peche intelectual?).
A galería Mayoral xa executou nos derradeiros anos exposicións memorables sobre case todos as/os membros do grupo EL PASO. Mesmo levou a cabo unha mostra antolóxica e monográfica, hai xusto un ano, sobre a artista Juana Francés, a única muller fundadora de EL PASO. Muller artista que como tantas outras foi relegada e mesmo esquecida. O crítico Tomas Llorens afirma sobre Francés que a súa obra respira Llibertat “existencial” i individual, i també política. Con anterioridade a mesma galería da rúa Consell de Cent mostrou o sentido dramático e tráxico das creacións de Antonio Saura, moi en paralelo do que o seu irmá (Carlos Saura) facía no cinema, ou a combinada Zóbel-Chillida, ben atractiva ao afrontar dous faceres tan (a priori) dispares. A destacar, por suposto, ampla e magnífica presentación de composicións de Manolo Millares; a lectura da realidade que fixo Millares levouno a omitir as cores, a rachar o material e, na súa procura dunha saída da longa noite, a recoser e adubar as pezas co obxectivo de dar sitio á perspectiva dun mundo mellor; interpretación válida para o momento actual.
Canogar. Gallo, 1960
Canogar. Els Anys Informalistes. Enerxía e rabia
Cruzo un desierto y su secreta / desolación sin nombre. / El corazón / tiene la sequedad de la piedra / y los estallidos nocturnos / de su materia o de su nada. / Hay una luz remota, sin embargo, / y sé que no estoy solo; / aunque después de tanto y tanto no hayas / ni un solo pensamiento / capaz contra la muerte, / no estoy solo. (José Ángel Valente. Serán ceniza... en A Modo de Esperanza, 1954).
No medio da escolma de compoñentes do grupo EL PASO, Canogar ten as súas especificidades. A súa enerxía é orientada nos lenzos, primeiro pola súa aprendizaxe de Vázquez Díaz, para seguir logo polas súas preferencias ante as plásticas de grandes mestres como Velázquez e Goya, e tamén do pintor que inventou o seu propio mundo en Toledo, El Greco. Con estas varas o cesto de Canogar vai encamiñado cara a poesía, a poesía plástica. Moitas das súas pezas, algunhas exhibidas agora en Mayoral (Canogar. Els Anys Informalistes), combinan a rabia provocada por ter que vivir nunha sociedade reprimida en todos os sensos da vida cun saber traballar as cores, o simbolismo das súas formas e mais das liñas. Canogar conxuga o informalismo en futuro imperfecto, pero cunha físgoa aberta. Con anterioridade xa se foron vendo pinturas de Canogar na galería Mayoral en exposicións anteriores. Un dos casos máis relevantes e floridos é o da mostra Venezia 1958, un traballo exhaustivo sobre o pavillón español na Biennale desa cidade. Ese pavillón, organizado polas autoridades franquistas é un dos exemplos nos as lecturas son diversas: o franquismo utilizou aos artistas?, os artistas aproveitaron esa plataforma para darse a coñecer e berrar denuncias no exterior?
Agora en Mayoral está unha magnífica peza que ben podería ser o testamento artístico de Canogar daquela época: Dintel (1958). O lenzo vertical é estruturado de xeito sinxelo, con liñas verticais que mesmo convidan a pensar na lumieira de calquera porta. Liñas verticais á esquerda e dereita que fan pensar nesa abertura branca que ocupa o centro de toda a obra (futuro imperfecto?), abertura chea de luz. Por contra o que rodea o branco é só negro. Esa creación que semella pousona, reflexiva, que ben podería lembrar as pezas que daquela andaba a argallar Marc Rothko (a man sube e baixa cangada dun dos dous pigmentos exclusivo, ou branco ou negro; a xestualidade, pintar como acto teatral). E onde había estar (suponse) a pedra lumieira xurde a rabia, a rabia do pincel accionado con toda a enerxía, con brutalidade. Con isto Canogar quere eliminar o “dintel”? Quere informar de que non hai saída á represión que están a padecer?
Rafael Canogar, como todos os compoñentes de EL PASO (e moitos outros) emprega moito, moito a cor negra, en clara alusión á ditadura, aos tempos de tebras e pedra que viven daquela. O mesmo acontece nos filmes de Carlos Saura (La Caza, 1966, por exemplo) e nas obras de Berlanga. Cómpre non esquecer unha das escenas finais de El Verdugo (1963) na que o verdugo (Nino Manfredi) mira polo ollo da pechadura da cela onde está o reo e di: está todo negro, e inmediatamente sae de dentro un cura. O negro definidor do drama existencial.
Canogar. Barbecho. 1963
Entre as pezas de Canogar. Els Anys Informalistes sobresae a titulada Raza (1958). Curiosamente neste caso domina totalmente a composición a cor amarela, aínda que tamén aparecen o branco, parte de riba, e negro, á dereita. A peza garda certo paralelismo coa anterior, Dintel, en canto á súa estrutura. Ese amarelo intenso obrigatoriamente remite a creacións de Rothko; esas cores esparexidas pola tela dun modo case uniforme, con xesto reiterativo; levado pola forza do inconsciente? E tamén parte superior emerxe a xestualidade incontida, frenética: un novelo de amarelos e negros á turra por se impoñer un sobre o outro. Por que ese título? En 1941 o director de cine Saenz de Heredia firma a película Raza, baseada na novela homónima do ditador Franco (que a firmara co pseudónimo de Jaime de Andrade). Raza, en branco e negro, é prototipo de filme franquista e quere mostrar a traxedia da historia de España do século XX e a xustificación daqueles feitos nos que participou o ditador. Esta peza de Canogar, coa súa luminosa cor amarela, é unha burla ao filme de Franco? Sexa así ou non, o que é evidente é a querenza de Canogar polos amarelos que tan ben soubera plasmar El Greco nas súas telas.
Outras pezas que se atopan en Canogar. Els Anys Informalistes xa falan de propiamente a utilización do xesto para dar forza informal ao contido. Así se pode falar de Toro de Fuego (1959) ou de Gallo (1960). En ambas creacións dominan o branco e o negro, e algunhas matizacións de grises. Pero o artista traballa as cores con absoluta liberdade de movementos co obxectivo de propender á interpretación libre e pasional de dous animais que non chegan a ser representados como tales. Son dúas pezas cheas de enerxía, de forza, e tamén de poesía rabiosa. Trazos que soben e baixan, que se moven de esquerda a dereita como provocados pola incontinencia dun de Kooning. Tratamento diferente levou a peza coñecida como Barbecho (titular corrosivo e denunciador dos baldíos culturais?). Nesta obra hai unha liña horizontal que delimita a masa negra inferior das circunvolucións xestuais da parte superior. A terra negra, erma? A superficie, ou espazo aéreo, vén sendo unha realidade delirante, convulsa, tensa e incómoda; informalismo próximo a un de Kooning, manchas e siluetas a cabalo entre as pinturas negras de Goya e o Guernica de Picasso. En data ceda como 1959, o propio Canogar dicía das súas obras: En mis pinturas, la forma cede su puesto a la luz, que la baña en sus partes salientes, creando imágenes que surgen de la oscuridad. Una luz como de acero muerde mis pinturas, formando paisajes de pesadilla bajo un cielo negro y pesado.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Canogar. Els Anys Informalistes
Galería Mayoral
ata finais de marzo de 2021
0 notes