Tumgik
Photo
Tumblr media
Conmemoración do 14 de Abril en Cedeira
Este xoves celebramos tamén unha ofrenda floral en homenaxe ás persoas represaliadas de Cedeira. Será na Praza da Constitución, nas inmediacións de onde estaba o antigo campo de concentración da Revolta. Quedades convidad@s!
0 notes
Photo
Tumblr media
Actos para Conmemorar o 14 de Abril en Narón
Este xoves 14 de abril de 2022 celebramos, en colaboración cn Esquerda Unida de Narón, o 91 aniversario da  proclamación da II República e lembraremos a todas as persoas que morreron e sofriron represión por defender os ideais democráticos e a xustiza social fronte o fascismo.
Serán no monumento de O Val (a carón da igrexa), no Cemiterio de San Mateo (na tumba colectiva dos tripulantes do vapor Mar Cantábrico) e nos xardíns do Pazo da Cultura.
0 notes
Photo
Tumblr media
#10M72 MESA REDONDA NA UDC E ACTOS O 10-M
Organizado pola Universidade de A Coruña, coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, terá lugar a seguinte Mesa Redonda:
Mércores 9 de Marzo, ás 19 h.
“1972-2022, 50º Aniversario das Mobilizacións Operarias (e Sucesos) de Ferrol”
Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Traballo.
Campus de Esteiro. Ferrol.  Entrada libre ata completar aforo.
Un interesante debate sobre aqueles sucesos do 72, nos que os traballadores de BAZÁN e parte da cidadanía, loitando polas melloras laboráis e por conseguir os dereitos democráticos e rematar coa Ditadura,  sufriron a represión policial, resultando asesinados Amador e Daniel, case un cento de feridos e moitos con condenas de cárcere, torturas, detencións, multas, perda do traballo, exilio…
Intervirán:
María Jesús Movilla Fernández Vicereitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel Profesor da UDC e Director da Cátedra de Memoria Histórica.
Eliseo Fernández Fernández Documentalista e historiador.
José Gómez Alén Catedrático de EE.MM. e historiador. Vpte. da Fundación Xaime Quesada Blanco.
Bernardo Máiz Vázquez Doutor en Historia.
Testemuños (Represaliados do 10 de Marzo):
Rafael Pillado Lista Cofundador das CCOO e do PCG.
Sari Albau Albors Mestra e militante do PCG.
Alfonso Tellado Sande Sindicalista.
Pecharase o Acto coa actuación dos gaiteiros:
Roberto Rama Castroagudín
Bernardo Máiz Bar.
Tumblr media
Manifestación do 10-M
O vindeiro xoves 10, “Día da Clase Obreira Galega” comenmorando o 50º aniversario daquela data de 1972, as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, sumarémonos á Manifestación que convocada por CCOO, sairá da porta de Navantia (porta das áncoras), ás 11,30 h, para chegar ao Monumento do Dez de Marzo, onde terá lugar  a ofrenda floral, acto institucional do Concello de Ferrol.
Recollida de sinaturas
Convidamos aos amigos e amigas, socias e socios a participar destes actos e vos recordamos que tamén estaremos nese punto recollendo firmas para o traslado do Monumento desde o emprazamento marxinal que agora ocupa ao verdadero lugar onde aquel suceso se produxo, a praza contigua que deberá levar o nome  de Praza do Dez de Marzo.
0 notes
Text
MESA REDONDA EN NARÓN
Tumblr media
Quedades convidados á mesa redonda que terá lugar o venres 25 de febreiro no Auditorio de Narón, na Praza de Galicia, sobre o 10 DE MARZO, PRESENTE E FUTURO na que destacadas personalidades analizarán aqueles acontecementos desde puntos de vista divesos aportando as súas testemuñas e experencias. Aqueles feitos foron o momento máis importante na loita da clase obreira galega 'organizada' contra a ditadura franquista e tiveron repoercusión internacional porque non foi só por unhas puntuais condicións de traballo, senón polas liberdades e por un sistema democrático. O pasado, máis aló do mero exercicio de nostalixa, ten que ver co que ocorre hoxe coa fraxilidade dos dereitos máis básicos e de grandes desigualdades sociais. Os grandes sacrificios que agora rememoramos deben orientarnos á hora de sacar esperanzadoras lección para manter e defender aqueles valores que son os de sempre.
A mesa redonda, organizada polo Concello de Narón coa colaboración das asociacións Memoria Históricia Democrática e Fuco Buxán co apoio, forma parte dos actos relacionados co Cincuenenario do 10 de marzo do 72, unhas actividades que prolongaranse ao longo do ano e nas que queremos que todas e todos teñamos protagonismo e polo tanto agardamos contar coa vosa participación!
0 notes
Text
Tumblr media
27 DE XANEIRO HOMENAXE A AMADA GARCÍA
“Lémbrate, meu fillo, que mentres as nosas pegadas sigan, o camiño da esperanza, o odio deses homes, nunca me deixará calada”(Roi Saiz Mallo)
Ferrol, a 27 de enero de 2022
Queridos compañeras y compañeros.
En primer lugar, daros las gracias por vuestro apoyo incondicional durante todos estos años. También agradecer al Concello de Ferrol la ofrenda floral en la tumba de Amada y en las fosas comunes del cementerio de Serantes.
Este año mis palabras quiero dedicárselas a otra Amada, mi tía, la gran olvidada de esta terrible historia.
Querida tía Amada, cuando voy a verte al convento, siempre acabamos hablando de abuela y papá, de tus vivencias, de tus recuerdos, de cuando visitabas en la cárcel a tu madre y te hizo la ropita para tu muñeca, de cuando paseabas con tu madre por Mugardos, de cuánto sufriste cuando te arrancaron a tu madre, del destrozo que hizo en tu hermano y en ti todo lo que pasó, de las memorias que estás escribiendo y que quedarán en nuestra familia como un tesoro, pues este año mi homenaje es para ti y para tantos niños como tú, a los que la represión dejó huérfanos y lamentablemente arruinó sus vidas.
Querida tía, hoy mi voz es tu voz.
Amada Toimil, hija de Gabriel.
Tumblr media
Amada e Gabriel, in memoriam.
1 note · View note
Text
UN ESPAZO PARA A MEMORIA EN RADIO FILISPIM
Tumblr media
Este vindeiro luns 20 de setembro ás 18.00 horas en Radio Filispím (93.9 da FM), o noso presidente Manuel Fernández Pita participará no debate sobre un espacio para a Memoria en Ferrol.
Aquí tedes a escaleta do programa Unha tarde no muíño:
Contidos do PROGRAMA 117. UNHA TARDE NO MUÍÑO
Memoria doutros 11-S. Salvador Allende, sempre, por Celia Fernández Alvariño (Unha ollada sociolóxica).
Outro mundo é posible. Rafa Rodríguez entrevista a Luis Ruiz Rodríguez.
Ferrol, un espazo para a Memoria. Os Historiadores da AC. Ferrolterra Antiga realizarán un debate sobre a actualidade e potencialidades da Memória Histórica en Ferrol. Coa presenza de Xosé Manuel Suárez (Investigador) e Manuel Fernández Pita (Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática).
Noticias dende o Barrio Alto-Canido, por Roberto Taboada.
Podedes escoitalo en directo ou no podcast.
0 notes
Text
Tumblr media
Pesar polo pasamento de Juan Antonio Fernández Rodríguez
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática lamenta comunicar o pasamento, onte en Santiago, do noso querido compañeiro Juan Antonio Fernández Rodríguez, Curro, da Sección de Cedeira, para todas e todos nós un valioso referente de fidelidade e compromiso coas ideas da Memoria, sociais e de progreso, que a pesar das adversidades mantivo toda a súa vida. Estará sempre con nos o seu exemplo e a súa entrañable lembranza.
Para a súa filla Teresa e seu neto, a nosa solidaria aperta.
Curro, era fillo de Manuel Fernández Freijeiro, Alcalde de Cedeira en 1936, e irmán de Ginés, ambos fusilados o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe, polo seu compromiso coa República.
0 notes
Text
Tumblr media Tumblr media
Encontro co Secretario de Estado de Memoria Democrática
Esta mañá a A.C. Memoria Histórica Democrática, invitada pola Delegación do Goberno, en A Coruña, estivo presente no Encontro mantido entre o Secretario de Estado da Memoria Democrática, Fernando Martínez, a Subdelegada do Goberno, María Rivas e varias Asociacións e Fundacións Memorialistas.
Valoramos moi positivamente o contido da reunión e as extensas explicacións que do proxecto de Lei da Memoria Democrática deu o Secretario de Estado, e de todas as posibilidades de aplicación desta norma legal como vehículo de recuperación, reparación, pedagoxía e prevención para a non repetición de feitos que deixaron tráxica pegada na historia deste país e dos seus habitantes. Así como da súa extensión orzamentaria e do protagonismo das distintas institucións para levalo a cabo.
Tivemos oportunidade de abordar temas importantes para a nosa Asociación e a nosa Comarca, que xa planteáramos ao Secretario de Estado, nun encontró virtual o pasado día 2, convidados pola Agrupación Socialista Ferrolá, como son o demandado Centro de Interpretación da Memoria que o Concello de Ferrol se comprometeu a manter no Castelo de San Felipe, no seu acordo plenario de abril de 2017, froito dunha vella solicitude nosa do 2015 e dunha Moción do G.M. Socialista.
Tamén o tema de recuperación e dignificación dos Cemiterios do Norte de África onde descansan moitos mariños republicanos, boa parte deles galegos e ferrolterráns.
Mañá estaremos tamén presentes no Pazo de Meirás, na firma do Convenio de Usos, entre o Estado, a Xunta de Galicia, A Deputación de A Coruña e os Concellos de A Coruña e Sada, acto ao que asistirá a Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Memoria, Carmen Calvo.
0 notes
Text
Memoria de 2020
Queridas amigas e amigos:
Desde a A.C. Memoria Histórica Democrática, desexámosvos unhas festas levadeiras e felices a pesar das circunstancias.
Que o vindeiro 2021 veña cheo de ánimos e de forza para, libres xa de pandemias, cunha nova Lei da Memoria e os investimentos precisos para poñela en marcha, poidamos, todas e todos xuntos, darlle un bo impulso á Recuperación da Memoria.
Engadimos un sinxelo vídeo resumo das actividades deste 2020.
0 notes
Photo
Tumblr media
(Imaxe: Roteiro guiado organizado por MHD e o Concello de Ferrol en 2016)
NOTA Á PRENSA DA ASOCIACIÓN CULTURAL MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA SOBRE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA NO CASTELO DE SAN FELIPE
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, mostra a súa satisfacción coas intervencións do Concello de Ferrol no Castelo de San Felipe, tendentes a seguir avanzando na posta en valor deste monumento arquitectónico, e ao mesmo tempo, desde a Asociación, queremos expresar o noso desexo de, nesta liña, incluir a nosa proposta de situar, no que foron os calabozos do Castelo, un Centro de Interpretación da Memoria Histórica, que poida mostrar pedagóxicamente a mecánica represiva da ditadura franquista, e ao mesmo tempo sirva de homenaxe ás 907 persoas de Ferrolterra, Eume e Ortegal que foron asasinadas, e cuxos datos persoais constan nos Arquivos da nosa Asociación.
A Unión Europea, a través do programa Europa cos cidadáns, achegaría a maior parte do finanzamento deste proxecto, de modesta contía, que xa foi presentado ao anterior Goberno Local en 2015, aprobado en Pleno en 2017, e novamente explicado ao actual Alcalde en 2019.
En reforzo da nosa demanda, actúa igualmente a inminente aprobación da nova Lei de Memoria Histórica, que defende, entre outras iniciativas, non só un rexeitamento máis enérxico da ditadura franquista, senón a necesidade de que todos os escolares sexan conscientes das graves consecuencias que supuxo para España, en todas as súas ordes.
CONSULTA O BORRADOR DO PROXECTO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA NO CASTELO DE SAN FELIPE
0 notes
Photo
Tumblr media
Charla “Cedeira na República”
Este venres 31 de xullo ás 20.00 horas, no Auditorio de Cedeira e tomando todas as medidas de prevención e distancia física para garantir a seguridade por mor da COVID-19, convidámosvos a participar na charla-coloquio na que falaremos sobre a vida cotiá en Cedeira durante o período democrático que abriu a II República en 1931 e que foi apagado pola forza das armas e a represión en 1936.
0 notes
Photo
Tumblr media
COVID-19, OLLANDO Á NOSA HISTORIA: A GRIPE DE 1918
Estes días estamos a vivir unha experiencia inédita para a meirande parte da poboación, pero aínda hai moita xente maior que lembra de primeira man os estragos da pandemia que asolou o mundo en 1918.
A mal chamada gripe española estendeuse por todo o planeta co telón de fondo da I Guerra Mundial. En 2018, coincidindo coa conmemoración centenaria da grande epidemia, a nosa asociación promoveu a publicación de senllos traballos do noso compañeiro o profesor Enrique Barrera, sobre a pegada da pandemia na nosa comarca: un dos traballos tomou forma de Unidade Didáctica publicada polo Concello de Narón. Outro traballo, adicado á gripe de 1918 nos concellos de Ferrol e Serantes foi publicado como unha serie de 10 artigos no suplemento cultural Nordesía de Diario de Ferrol.
Coñecer como era a vida cotiá daquel entón, as condicións hixiénico-sanitarias, a resposta das autoridades públicas, ou a importancia da organización dos traballadores en sociedades de apoio mútuo para mellorar as condicións de vida son algunhas das cuestións que se abordan nestes traballos que -cremos- hoxe son imprescindibles para saber de onde vimos, e para comprender e contextualizar históricamente a actual pandemia provocada polo COVID-19. Podes acceder a eles na nosa biblioteca virtual no Arquivo de Internet:
A gripe de 1918 en Narón. Unidade didáctica
La epidemia de gripe de 1918 en Ferrol y Serantes
Soa interesante? Por favor, comparte estas publicacións nas túas redes sociais, grazas!
1 note · View note
Photo
Tumblr media Tumblr media
14 de Abril: Conmemoración da proclamación da II República
As especiais circunstancias destes momentos fan que a lembranza ás vítimas da represión fascista e o Aniversario da II República non se poida celebrar como habitualmente facemos desde hai anos.
Desde a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, en colaboración cos concellos de Narón e Cedeira, convidámosvos a unha particular e compartida lembranza, desde a casa, a través desta memoria doutros actos anteriores.
Saúde, moita saúde, e República!
Vídeo Fotográfico Concello de Narón
Vídeo Fotográfico Concello de Cedeira
0 notes
Photo
Tumblr media
HOMENAXE EN SERANTES
O Martes 11 de febreiro ás 12.30 h no monumento nas inmediacións da Asociación Veciñal de Serantes (a carón do Centro de Saúde). A A.C. Memoria Histórica Democrática anima a participar na Ofrenda floral, acto institucional do Concello de Ferrol, en lembranza do derradeiro alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e dos seus compañeiros Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto del Río, asasinados vítimas da represión franquista na praia d’A Frouxeira, Valdoviño, en febreiro de 1938. A nosa Asociación xunto coa A.C. Fuco Buxán foran as promotoras deste monumento e da recuperación da memoria dos seus protagonistas promovendo no 2009 o filme documental O Segredo da Frouxeira.do realizador Xosé Abad.
Tumblr media
(Fotograma do documentario «O Segredo da Frouxeira»)
0 notes
Photo
Tumblr media
Actos do luns, 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe
A A.C. Memoria Histórica Democrática, que hai anos iniciara estos actos hoxe felizmente asumidos como celebración institucional do Concello de Ferrol, anima á cidadanía a participar nos mesmos.
Ás 12.00h Celebración do “Día Internacional das Vítimas do Holocausto” co acendido das seis candeas representativas dos distintos colectivos vítimas da barbarie nazi. Na casa do Concello.
Ás 17.00h Ofrenda floral a Amada García e a todas as vítimas da represión franquista. No Castelo de San Felipe.
A seguir deste acto, a nosa Asociación acompañará á familia de Amada, como cada ano, nunha ofrenda floral no Cemiterio de Serantes onde repousan os seus restos canda os do seu fillo Gabriel, que mantivo até o seu falecemento o recordo á súa nai.
Quedades convidad@s
0 notes
Photo
Tumblr media
ACTOS CONMEMORATIVOS EN NARÓN POLO DÍA INTERNACIONAL DE LEMBRANZA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
Actos organizados polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática  para conmemorar o 27 de Xaneiro, Día Intenacional en Lembranza das Vítimas do Holocausto.
O pasado día 20 foi inaugurada xa a Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” que pódese visitar durante este mes na Biblioteca Municipal de Narón.
Celebráronse senllas conferencias do historiador e docente Enrique Barrera, secretario da asociación, para o alumnado do IES As Telleiras e o CPR Ayala.
Actos a celebrar próximamente
Luns 27 de xaneiro
Ás 11.00 h Visita guiada a Exposición do alumnado dos citados centros.
Ás 12.00 h Cerimonia institucional das candeas no Salón de Plenos do Concello, acto no que participará tamén o citado alumnado.
Xoves 30 de xaneiro
Ás 12.00 h Visita guiada a Exposición para a Asociación de Personas Xordas de Ferrolterra.
Tumblr media
0 notes
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Hoxe, 22 de Decembro, inaugurouse, en Cedeira, o panel informativo que dá o nome da PRAZA DO 18 DE DECEMBRO a antiga Praza dos Cabalos...
Nun sinxelo e emotivo acto, ben arroupado da cidadanía a pesar do mal tempo, que se iniciou co “Abrente en Cordobelas” á gaita e rematou co Himno Galego, no que varios familiares de represaliados, membros da A.C. Memoria Histórica Democrática, deron lectura a un texto de Antom Labranha e intervIu o Alcalde de Cedeira Pablo Moreda, resaltando a unanimidade da decisión Plenaria en dar á praza este nome de lembranza e agradecemento aos defensores da Democracia.
Tumblr media
O pasado 29 de Novembro en Sesión Plenaria do Concello de Cedeira foi aprobada por unanimade unha Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, propoñendo nomear como PRAZA 18 DE DECEMBRO a coñecida como Praza dos Cabalos.
Moción presentada en presenza de Juan Antonio Fernández Rodríguez, fillo do último alcalde da República, Manuel Fernández Freijeiro, lérona a súa neta Teresa Fernández e Vicente Loureiro, membros  da Asociación.
A Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados o 18 de Decembro de 1936 no Castelo de San Felipe, presentouse ao abeiro da Lei 52/2007 que establece medidas en favor de quenes padeceron persecución e represión durante a Guerra Civil e a Ditadura.
Tumblr media
Representan tamén a un total de 39 veciños e veciñas de Cedeira que pagaron coa súa vida o seu compromiso democrático e a moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, torturas, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida, e marxinación social, e que foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada asó como a todos os membros das súas familias.
Tumblr media
DESCARGAR O TEXTO COMPLETO DA MOCIÓN
0 notes