Tumgik
BOLETÍN DE NOVIDADES Nº 2
Xa podedes consultar todas as novidades do período xaneiro-marzo no novo boletín. Atoparás títulos relativos aos ciclos, literatura en xeral e xogos!
Está dispoñible no seguinte enlace.
Tumblr media
0 notes
Encontro con Beatriz García Turnes, autora de COMANDO SINTROM
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Hoxe estiveron con nós na biblioteca do CIFP A Xunqueira, Beatriz García Turnes, autora de Comando sintrom, e Malores Villanueva, editora do libro!
👉 Sen dúbida un libro moi recomendable que se compón de diferentes relatos de mulleres que se atopan no final da súa vida e no que, con doses de humor, van reflexionando sobre a mesma.
0 notes
Tumblr media
ENTREGA DE PREMIOS
II CONCURSO DE MICRORRELATOS: Escribe a historia que hai detrás
O 21 de marzo celebramos na @biblioteca.cifpaxunqueira o acto de entrega de premios do concurso. 🤓
🥇O premio foi para o microrrelato: "A ollada do avó", de Marta (alumna do ciclo de Educación Infantil, na modalidade a distancia). Na imaxe vémola con Paula, alumna do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia e autora da imaxe que inspirou o microrrelato.
E no sorteo á participación realizado entre as persoas que deron a súa opinión sobre que microrrelato lle gustou máis, gañou Mateo, alumno do ciclo de básica de 1° Carpintería e moble!
Moitas grazas a todas as persoas participantes e aqueloutras que asistiron ao acto de onte‼️
Tumblr media Tumblr media
0 notes
Tumblr media
Esta foi a programación da Semana do 8M no CIFP A Xunqueira que culminamos o propio 8 de marzo cun acto reivindicativo para dar voz a aquelas cuestións das que estamos fartas. Estas actividades foron organizadas por profesorado do departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e da Biblioteca.
Deixámosvos uns bocadiños do que foi esta semana:
Vídeo Semana 8M.
Playlist do Karaoke 8M.
Programación da xornada de xogos feministas.
0 notes
SORTEO Á PARTICIPACIÓN
Estes son os microrrelatos presentados no II Concurso de microrrelatos: "Escribe a historia que hai detrás", a partir dalgunhas obras do anterior concurso de fotografía.
Están tamén expostas na entrada do edificio principal, xunto cunha urna para que introduzas nela unha tarxeta dando a túa opinión sobre o microrrelato que máis che gusta. Podes facelo ata o 20 de marzo. Se participas dando a túa opinión, poderás gañar un vale de 30 en produtos culturais! Animate a participar, aínda estás a tempo.
O xoves 21 de marzo farase a entrega de premios: daremos a coñecer a persoa gañadora do concurso e realizaremos o sorteo á participación entre as persoas que deron a súa opinión. Agardámoste o 21 ás 11.30 na biblioteca.
0 notes
Tumblr media
QUE LIBRO LLE REGALARÍAS A UNHA MULLER QUE ESTÁ NUN CENTRO PENITENCIARIO?
Este mércores 28 de febreiro o alumnado de Integración Social e profesorado do equipo de biblioteca fomos de visita ao centro penitenciario “A Lama”, no que puidemos coñecer un dos seus módulos convivenciais e, inspiradas polo proxecto “A las olvidadas”, organizamos un encontro con algunhas reclusas no que cada alumna/o elixiu un libro para elas e escribiu unha dedicatoria.
Ademais desta bonita actividade, tamén compartimos vivencias e experiencias, reflexionando sobre a súa situación e posición dentro da prisión. Quedamos moi agradecidas por esta oportunidade, tamén un chisco removidas a nivel emocional, pero foi unha experiencia moi enriquecedora para todas.
Grazas a todo o persoal por recibirnos e ás mulleres pola acollida. Agradecemos tamén á equipa de @alasolvidadas polo seu traballo e por permitirnos replicar esta iniciativa.
Non queremos esquecernos tampouco da doazón de libros que fixo o CPI de Cuntis, ademais dos que achegamos dende a nosa @biblioteca.cifpaxunqueira.
Máis información sobre o proxecto "A las ovidadas" no enlace.
0 notes
Tumblr media
Préstamos a cegas
Atréveste a ter unha cita a cegas cun libro?
Durante esta semana atoparás na biblioteca uns libros envoltos para que non se poida ver a cuberta e non saibas de cal se trata.
A dinámica é sinxela: colle un libro (no exterior atoparás un fragmento do mesmo) e rexistra o préstamo (indicando o número de rexistro que figura fóra). Non o podes abrir ata chegar á casa. O tempo de préstamo é o de sempre, 15 días.
Haberá citas cun toque de suspense, crítica, poético...
Tumblr media
0 notes
Tumblr media
Obradoiro de ilustración con Zaida Novoa
O 16 de febreiro estivo con nós na realización dun Obradoiro de ilustración Zaida Novoa, autora de cómic, ilustradora e profesora na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético; actividade á que acudíu alumnado de diferentes ciclos.
Non só nos deu a coñecer o traballo que se agocha no proceso de deseño de personaxes e nos guiou na posta en práctica da técnica do entintado e na ilustración, senón que tamén nos deixou como agasallo un libro do que é coautora: As 9 cruces, unha novela gráfica sobre a memoria histórica (a Volta dos 9 da Bobardeira, Baiona).
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
0 notes
Tumblr media
E-LBE.2
Plataforma de contidos dixitais
Queres ter acceso á plataforma de contidos dixitais ELBE.2? https://bega-elbe2.edu.xunta.es/ 
Se é así, escribe un correo a [email protected] indicando o teu nome e apelidos para que che enviemos as claves de acceso.
Trátase dunha ferramenta con máis de 3000 títulos dispoñibles en diferentes linguas e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción). Poden utilizarse en diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles), tendo en préstamo 2 libros simultaneamente.
0 notes
Tumblr media
II CONCURSO DE MICRORRELATOS: Escribe a historia que hai detrás
Trátase de contar a historia que che inspira calquera das obras participantes no II Concurso de fotografía (expostas agora no corredor que vai do edificio principal á cafetaría); é dicir, consiste en escribir un microrrelato en galego vinculado á imaxe escollida e ao título da mesma.
Dirixido a alumnado, persoal docente e non docente do CIFP A Xunqueira.
Aberto o prazo de participación ata o 29 de febreiro.
Premio: un vale de 60 euros en produtos culturais.
Para máis información, preme nos seguintes enlaces: Bases do II Concurso de microrrelatos e Fotografías.
#bibliotecacifpaxunqueira #edlgcifpaxunqueira #cifpaxunqueira #fpgalicia #bescolaresgal #plambe
@biblioteca.cifpaxunqueira @axunqueira
0 notes
BOLETÍN DE NOVIDADES
Para que non perdades detalle das novas adquisicións dispoñibles na biblioteca, editamos o primeiro número do Boletín de novidades, onde atoparedes variadas lecturas e xogos, así como outra información de interese!
Podes consultalo online no seguinte enlace.
Tumblr media
0 notes
LECTURAS FRUTÍFERAS
O pasado venres 1 de decembro realizamos na biblioteca un encontro para compartir lecturas, tempos, praceres... no que, ademais, contamos cun petisco saudable a base de froita elaborado polo alumnado de 1º do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, colaborando tamén na loxística o alumnado de 2º do ciclo básico de Actividades domésticas e limpeza de edificios.
No encontro participou profesorado, alumnado e persoal non docente achegando diferentes recomendacións lectoras que podedes ollar no vídeo.
Na @biblioteca.cifpaxunqueira temos dispoñibles os seguintes títulos recomendados:
A culpa, de María Solar.
Hamnet, de Maggie O`Farrell.
Qué hacer con estos pedazos, de Piedad Bonnett.
Los privilegios del ángel, de Dolores Redondo.
0 notes
DESEÑO DUN PUNTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS NO CIFP A XUNQUEIRA
Dende o equipo de biblioteca do CIFP A Xunqueira propuxemos a elaboración dun punto de intercambio de libros ou “bookcrossing” para situar na zona exterior da biblioteca, proposta á que rapidamente se sumou o departamento de Madeira, que capitaneou o seu deseño e se encargará tamén da elaboración do moble.
Concretamente, foi o alumnado do departamento de 2º do ciclo superior de Deseño e amoblamento quen estivo neste primeiro trimestre a traballar na elaboración de posibles deseños. Ao respecto, o pasado 28 de novembro realizouse a selección dos mesmos, contando cun xurado composto por representantes do equipo de biblioteca, de profesorado do departamento de Madeira e das empresas: FINSA, Celso Tomé e Ceyeda.
Entre os 13 deseños presentados, o xurado acordou propoñer catro obras finalistas:
1º Joel Calviño.
2º Daniel Rodríguez e Lucas Galván (empatados a puntos).
3º María de los Ángeles Saavedra.
Parabéns!
Moitas grazas ao alumnado e profesorado do departamento de madeira, así como ás empresas colaboradoras pola vosa implicación!
0 notes
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Unha ollada a outro xeito de contar e de ler
O 14 de novembro celebramos na @biblioteca.cifpaxunqueira o acto de entrega de premios do II Concurso de fotografía. 🤓
🥇O 1° premio foi para María González Martínez (alumna do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, na modalidade a distancia), coa súa obra titulada "Vidas de homes e mulleres nun mesmo mar".
🥈E o accésit, para Rita Bouzas Barral (alumna do ciclo de Educación infantil, do réxime ordinario), coa obra: "A fraxilidade da noite".
🎬No vídeo podedes ver todas as obras presentadas e as gañadoras, como non!
Moitas grazas a todas as persoas participantes e aqueloutras que asistiron ao acto de hoxe‼️
#bibliotecacifpaxunqueira#edlgcifpaxunqueira#cifpaxunqueira#bescolaresgal#concursodefotografia@axunqueira
0 notes
Ocho señales. Cuestión de vida o muerte, Noelia Míguez
Con motivo do 25N, os equipos de biblioteca e PIX organizamos unha charla sobre violencia de xénero con Noelia Míguez, coautora do libro "Ocho señales. Cuestión de vida o muerte", veunos dar unha charla sobre a violencia de xénero. Foi o 13 de novembro.
Ante un salón de actos cheo, con presenza de alumnado das diferentes familias profesionais do CIFP, soubo chegar ao auditorio e relatarnos a súa vivenza como vítima da violencia machista e visibilizar os sinais que a caracterizan.
Na primeira foto, vemos a Noelia Míguez (no medio) acompañada de dúas alumnas de 2° do ciclo de Promoción da Igualdade de Xénero; todas elas tiveron un papel importante na organización e desenvolvemento do acto, contribuíndo á transmisión de mensaxes tan necesarias como que a violencia de xénero é violencia machista que precisa de aliados para combatela, así como de profundos cambios estruturais.
Volverá a visitarnos o 18 de xaneiro en horario de tarde.
📚 Se aínda non liches o libro, na @biblioteca.cifpaxunqueira contamos con varios exemplares.
@noedorinda#noeliamíguez#ochoseñales#dorifuerza#nonáviolenciadexénero#pixcifpaxunqueira#bibliotecacifpaxunqueira#cifpaxunqueira
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
0 notes
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Con motivo do día das escritoras, celebrado o pasado 16 de outubro, foi protagonista na biblioteca do noso CIFP a nosa veciña Fina Casalderrey. A escritora foi elixida polo equipo de biblioteca non só pola súa extensa obra infantil e xuvenil en galego senón tamén polos valores de discusión da cultura galega e como muller feminista e docente inspiradora para as novas xeracións. Na última foto vemos a Fina acompañada da alumna que gañou o libro sorteado, A muller xabaril, o último título da escritora!
0 notes
Tumblr media
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Unha ollada a outro xeito de contar e de ler
Trátase de capturar nunha imaxe unha historia que se queira contar e poñer un título suxestivo en lingua galega.
Dirixido a alumnado, persoal docente e non docente do CIFP A Xunqueira.
Aberto o prazo de participación ata o 26 de outubro.
Premios: unha tablet ao 1º premio e un vale de 30 para produtos culturais de accésit.
Accede aos seguintes documentos para poder participar:
- Bases do concurso.
- Formulario de inscrición.
#cifpaxunqueira #fpgalicia #biblioteca #edlg #bescolaresgal #concursodefotografia
0 notes