Tumgik
#Verba Creant
craft2eu · 21 days
Text
VERBA CREANT: Florenz - Bewerbung bis 01.05.2024
CD Textile & Art Studio, ein gemeinnütziger Kulturverein mit Sitz in Perugia, ist im Bereich der zeitgenössischen Textilkunst/ Fiberart tätig. Sie organisiert und unterstützt internationale Kunstprojekte auf nationaler Ebene, um ein vielfältiges Publikum mit den textilorientierten Ausdrucksformen der zeitgenössischen bildenden Kunst vertraut zu machen. Im Juni 2024 organisiert das SCD Studio eine…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
praza-catalunya · 3 years
Text
Miquel Villà: a execución dunha soa pintura
Tense dito que a meirande parte dos artistas perseguen rematar unha soa peza. Poetas que teiman de rematar o poema, músicos á procura da súa banda sonora. Seica quen pinta ou esculpe persegue en cada trazo e volume aproximarse á obra definitiva. Pois no caso do pintor Miquel Villà consérvanse as verbas do artista nas que afirma que o seu obxectivo de anos de traballo foi pintar un sol quadre. Era Villà un utópico, un romántico? Ou, pola contra, o seu falar tiña tanta sinceridade como o seu pintar?
Lito Caramés
Tumblr media
M. Villà. La Cuina, 1939
Miquel Villà. La pintura senze atzar. Museu Maricel
Per al meu gust no hagués pintat més que un sol quadre. En ell estaria sintetitzat el dia i la nit, el paisatge del tròpic i les terres polars, l’hivern i l’estiu, la tardor i la primavera. Un paisatge total, únic que abracés ell sol tota la vida i el món sencer. (Miquel Villà).
O Museu Maricel, de Sitges, tivo -neste Segundo Ano de Pandemia- a orixinalidade de programar unha gran mostra de obras do pintor Miquel Villà i Bassols, que pasou boa parte da súa longa vida na vila do Masnou (Maresme). Baixo o título de Miquel Villà. La pintura senze atzar, a entidade sitgetana ofrece durante boa parte deste ano ao público un total de 57 obras do pintor e creador de dúas pezas tituladas La Cuina (pintadas con décadas de diferencia cronolóxica, que non estilística), ambas agora no Museu Maricel. A exposición está comisariada por Susana Portell e mais por Ignasi Domènech. A primeira declara, entre outras cousas, que na presente mostra s’evidencia la seva recerca tant personal que porta des de l’inici, aquesta recerca de construcció i de color, que voreja gairebé ja l’abstracció de les últimes obres; e o segundo comenta, pola súa banda: és una oportunitat de veure sens dubte una obra extraordinària d’un dels pintors catalans més importants del segle XX.
Miquel Villà i Bassols (Barcelona, 1901—El Masnou, 1988) é un artista ben interesante e atractivo. Moi persoal. Nado en Barcelona, onde comeza os estudos, vai vivir coa familia a Bogotá. Alí, na capital colombiana, fai a primeira exposición. En 1922, con 23 anos, instálase en París e faise amigo de artistas como Duchamp, Gargallo, Togores e outros. Alí déixase convencer polos fauvistas e a forza das súas cores. En 1928 xa se instala en El Masnou e comezan as súas exposicións en Barcelona. Despois da Guerra Civil a súa pintura ten moito éxito en Madrid, onde lle dedican numerosas exposicións (algunhas delas monográficas). Obtivo premios, e Eugeni D’Ors, aquel Xenius do Noucentisme (agora reconvertido en falanxista) levouno tamén a Madrid para mostras. A pintura de Villà escora moito polas beiras do construtivismo orixinario de Cézanne, para seguir polas cores violentas dos fauvistas (que tanto o influíron na xuventude, cando estivo por Paris) e seguir por paisaxes (o seu tema favorito) que tanto lembran a Sunyer ou ao italiano Carrà. As paisaxes urbanas de Masnou ou de Ibiza e as naturezas mortas con mazás, limóns, granadas, son debedoras dos trazos e volumes que o mestre francés se esforzou por investigar e sintetizar en Aix-en-Provence (non sen razón Picasso dixo “Cézanne é a nai de todos nós”).
Este vídeo é un xeito atractivo de pousar os ollos nas pezas de Miquel Villà que nestes meses de 2021 mostra o Museu de Maricel: formas xeométricas esenciais das que salta a materia acugulada sobre a tela de tanto retocar a obra.
Tumblr media
M. Villà. La Pobla de Segur, s.d.
Villà: Paisaxe. Cubismo, abstracción
Miquel Villà és un pintor amb una obra impressionant i molt poc conegut pel gran públic. Treballador incansable en busca de la recerca constant, no dóna mai l’obra per acabada, treballa lent, rigorós, insistent, fuig de l’atzar, creant un llenguatge propi en el món de l’art que resulta difícil d’encasellar en un sol estil. La seva obra es conjuga entre la matèria i la construcció de l’espai, fa una síntesi de la realitat a partir de la matèria i el color. No abandona mai la figuració i la seva pinzellada és densa i matèrica. (Esperança Garcia, pintora).
Hai máis cousas na creación deste artista que sempre foi por libre. Por exemplo, nas súas pezas de onde sae a luz? É unha luz debedora das escolas holandesas, de Vermeer ou Rembrandt? É unha luz potente, que rebenta as cores (coma os fauvistas?). Miquel Villà foi un pintor culto, inquieto, que posuíu coñecementos e os compartiu (como logo se verá). Mirou Villà de procurar a luz nas superficies dos edificios (mesmo da igrexa) de Masnou, como séculos antes o fixera o pintor de Delft na súa vila natal? Villà constrúe superficies monocromas con luz de tarde, angulosa -por veces dura, por outras amorosa-, con muros de tensión mediterránea. Quizais o autor de Ibiza mantivo pola súa conta unha severa loita contra tanto agoireiro que anunciaba (e anuncia) a morte da pintura. O artista que perante tantos anos percorreu os recunchos de Masnou á procura da luz e as cores veu formando parte desa pléiade de artistas que, na súa complexa eflexión artística, pouco a pouco a madurez levounos a perder as cores. Perder as cores, desestimalas, consideralas non esenciais. E, así, Miquel Villà pode ser visto como un Malevich monocromo en amarelo, branco, ou siena. Ou como un Rothko. Coñecería Villà os procesos creativos (sintéticos) de Giorgio Morandi? Este outono a Fundación Mapfre vai presentar unha extensa mostra deste mestre de Bolonia; mestre tamén de moi difícil clasificación, mestre de esencias.
Haberá algo na luz do Maresme que conquista a tantas persoas pintoras? A artista Esperança Garcia tamén traballa no Masnou, e as súas creacións destilan luces e volumes que serían querenciosos a Villà. Nas súas valoracións sobre a obra de Villà tamén expón que foi un gran coneixedor de l’obra de Rembrandt i Cézanne. En la seva obra “La cuina”, trobem un tractament de la llum a la manera holandesa, llum que genera espai i color. En Villà és un pintor de l’aire lliure, sempre de paisatge conegut, composició senzilla, amb moltes capes matèriques de color i construcció Cézaniana. El Masnou, Eivissa, la Pobla de Segur i Altea, formen part dels seus paisatges preferits. També l’Amèrica del Sud, on va fer llargues estades. As paisaxes que Gracia vén plasmando entre Masnou, Teià e Alella semellan percorrer vieiros paralelos aos que percorrera Villà.
Tumblr media
M. Villà. El Masnou, 1951-61
Para os irmáns Santilari, con estudo en Montgat, a luz é tamén a base das súas obras realistas. Seguindo con Villà e o Maresme, nunha entrevista que Artur Ramon lle fai a Pere Santilari, di o pintor: tota pintura figurativa és una representació (…) i alhora una ficció. Certo. As obras de arte sempre son en si mesmas a representación ficticia dunha realidade, realidade tomada ‘a priori’ como modelo. Seguindo o argumentario de Pere pódese ir máis aló, e aseverar que as obras figurativas, realistas, tamén son abstracción. Toda creación artística é abstracta? Con toda seguridade. Un poema, un haiku, son froito da abstracción intelectual das mentes humanas. O mesmo acontece cun deseño, cunha pintura. E unha estatua non é logo o resultado dun longo estudo e de posibilidades que só a/o artista coñece? As pinturas de Miquel Villà con toda a razón son froito da abstracción, do estudo, da reiteración. De Miquel Villà -autor de El Establo (1936)-  dise que lle custaba moito dar unha obra por rematada, volvía, retocaba, afondaba na abstracción dos elementos. Por iso teimaba na idea de crear unha SOA OBRA? Todo é froito da planificación, do pensamento abstracto dos artistas.
Un dos grandes atractivos das pinturas de Miquel Villà é a súa coherencia persoal, a fidelidade a si propio, aos seus obxectivos claros e irrenunciables. Poida que deste pintor se diga que segue as sendas dos cubismos que no mundo xa foron, ou a agresividade colorista dos fauvistas. É posible, pero custa crelo. Villà está fóra dos ismos, fóra das modas. É un facedor de paisaxes, xa urbanos, xa rurais. O pintor a traballar un sol quadre.
Nunha das súa últimas creacións Mur groc (1988), na que traballou ata pouco antes de morrer, Villà persegue esencias, renuncia ás cores, ás sombras, a texturas... a todos os plurais. E queda cunha soa cor, unha soa textura matérica, para reter a abstracción da igrexa do Masnou. Sobre esta obra, o autor deixou dito: Que a l’observar el quadre, l’ull de l’espectador s’inundi de groc i que aquest groc sigui suficient i sigui el Tot. Isto seméllase bastante a un testamento artístico: a peza Mur groc destila forma e materia, máis nada; o legado dun pintor que soñou con non dar por rematada a obra, a súa obra.
Que boa idea presentar esta mostra, Miquel Villà. La pintura senze atzar, no marco do pazo de Maricel, en plenitude da luz mediterránea. Esta instalación sería do agrado do artista.
Tumblr media
M. Villà. Berga, 1938
Miquel Villà, mestre. Lita Cabellut
De el aprendí la disciplina del color y el adiestramiento de las líneas. Que en la nada está la magia, que el caos es poner orden al aburrimiento. De él aprendí que pintar para algunos es una necesidad (Verbas de Lita Cabellut sobre o seu mestre, Miquel Villà. La Vanguardia-Cultura/s, 23/ 09/ 2017).
Miquel Villà pasou moitos anos vivindo na vila maresmeña d’El Masnou, unha proba de esas longas estancias na localidade son as reiteradas pinturas que fixo polas rúas e praias de Masnou. E alí foi mestre de novas xeracións de artistas. Ao respecto, a pintora hogano tan recoñecida e valorada, Lita Cabellut, por razóns da súa biografía foi vivir a esa localidade costeira, e alí en plena adolescencia (e despois de visitar o Museo del Prado, que tanto a impresionou –mormente Goya-) os pais pedíronlle ao pintor Miquel Villà que a aprendese a debuxar. Nos meses que van a cabalo entreo ano  2017 e 2018, a artista Lita Cabellut presentou en Barcelona un fato de obras recentes que levan por título Lita Cabellut. Retrospective, e que se puideron ver nas salas que a Fundació Vila Casas ten na rúa Ausias March, nos Espais Volart, antigo almacén que usaba a firma Texits Volart.
Nalgunhas entrevistas que co gallo da exposición xa citada se lle fixeron en medios de comunicación barceloneses, a creadora Lita Cabellut confesa que ao pintor Villà débelle moito: De el aprendí la disciplina del color y el adiestramiento de las líneas. Posiblemente Villà orientouna polos vieiros que el gostaba: a importancia do deseño, as cores fortes, planas, contundentes. Na vida de toda persoa hai sempre outro humano que prende unha chispa nese espírito adurmiñado? Quizais a maxia está na elementariedade dun limón e unha granada?
Miquel Villà constructor de paisaxes definidos pola forte reducción xeométrica das formas e mais pola potencia cromática (Eugeni D’Ors atreveuse a chamarlle “incendio cromático”); cores que vibran, que viven.
Lito Caramés
Tumblr media
M. Villà. Mur groc, 1988
EXPOSICIÓN: Miquel Villà. La pintura senze atzar
Museu de Maricel, Sitges
ata o 26 de setembro de 2021
0 notes