Tumgik
diariogalego-blog · 9 years
Text
Lembranza - Elexía do bon irlandés
Lembranza – Elexía do bon irlandés
A tempestade brúa encol da illa verde. As árvores mais outivas, as mais lanzaes andan a caeren apouvigadas pol-o furacán. Da terra veciña, da illa soberba e borreante –estaño e carbón– saien, cal d’um Olimpo n-ela afincado, labaradas súpetas qu’en sí levan a morte. E un tras outro, os escolleitos, os esgrevios, son deitados por un sopro que, enxoitando, mata.
Chan doado pr’ó medrare xúrdio das…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Os Celtas na Penínsua Ibérica
Os Celtas na Penínsua Ibérica
Tumblr media
Hoxe aparece probado pol-a entrepretación dos testos antigos, pol-a estensión dos nomes céltigos, e máis pol-a das necrópoles con civilización netamente celta (tipos de Hallstatt e La Téne I) que a nósa raza chegou a ocupar un tempo a mor parte da Penínsua: toda a banda occidental (Galizia e Portugal) e máis a Meseta Central, y-esta domeñación durou dend’o século VII hastr’ó III enantes de Xesús…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
A civilización dos antigos Celtas
A civilización dos antigos Celtas
A sociedade céltiga
Pra nos aforrármol-as citas n-iste curto resume qu’imos faguer, diremos d’unha vez que nos temos servido dos capítulos III, IV, V e VI do Manuel Celtique de Dottin, e máis de traballos de S. Reinach (Orpheus, Culter, mythes et religion), Bertrand (Les Druides et le Druidisme), Fustel de Coulanges e d’Arbois de Jubainville.
Fustel de Coulanges dona unha idea de conxunto da…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Vigo: a cibdade
Ademiramos todos, com’unha obra filla do esforzo e máis do antusiasmo, reveladores de fértiles enerxías, o progreso rápido da cibdade viguesa. En todolos aspectos da vitalidade d’un pobo, no qu’imprica forza actuante e forza en potencia, Vigo háchase en condicións envexabres. Como mercado d’industria e comereiro, é, por dereito propio, –adequerido por asimilazón un pouco ficticia, máis frutuosa…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
O conto de Manoel e Chuco
O conto de Manoel e Chuco
Dous rapaciños rifaron, y-estábanse batendo cegos. Un d’iles san e rexo, y-o outro un malpocadiño que choraba. Duas mulleres apartáronos e levaron ó meniño dos choros dándolle bicos. O outro, o san e forte, soilo, vermello de vergonza quedaba sin agarimo cheo de tristura, e foise indo paseniño. Fíxenlle unha festa ó probe do rapás e dixen pra mín ‘tamén os fortes dan compasión ás veces’,…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Brua o mar!
(A flor do inverno é de neve, o azul do ceo, embazado, ña Mai-Terra aterecida tén un canto amargurado.)
Brua o mar! As ardentías escáchan-se nas rompentes, e os cons varudos agachas as suas cristas trementes.
(Trema o salgueiro dolente sintindo o beijo do gio, e un alongado lamento sóbe do leito do río.)
Brua o mar! As furibondas olas en ingente traza érguense oulas e soberbas n-unha espantosa…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Nacionalismo e democracia
Tres son os grandes probremas da Humanidade culta: o nacional, o democrático, e o social.
O probrema social, que busca a solución ós conflitos do Mundo do Traballo. O democrático pol-o que buscan os pobos formas de Goberno axeitadas á sua cultura. E o nacional, que é o direito de cada pobo a rexir libremente os seus destinos. O redor d’istos probremas xira toda a Civilización da Humanidade.
O…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Coidado cos bicos
Pidiulle un bico o noivo a Rosalía, Mais ista non ll’o deu; Y-aquil amante, que d’amor morría, De gran pesar morreu. Unha proba pedía o coitadiño De que o quería ben; Y-a coitada por il tiña cariño, Y-era casta tamén. Por eso cando soupo que matara Ó seu pirmeiro amor, Non é estrano qu’ó seu pudor botara A culpa do seu dór. Mais como o tempo alivia os males moito, Outro amante topou, Y-éste ó…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Pensamentos pra unha universidade galega
I
É un feito recoñecido por todos que precisamos en Galizia unha grande e moderna universidade. Mais o que non chegou a sermonos eraro é d’onde proven iste feito. Hai duas razós. Primeiramente fainos falla que os nósos futuros médicos, abogados, profesores sejan os mellores posibes en canto á sua preparaçpm técnica e científica, preparaçon que non se fai só en aulas mortas senon nas clínicas,…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
O carballo
El está sóo na gándara; está sóo o carballo baril, serio e altivo, ergueito n-aquel chan triste i-esquivo cal se quixer ao ceu sobir n-un vóo. Despido do follax, garda o seu dóo no seréo abandón inespresivo dos héroes derrotados. Está vivo porque é nobre, valente, forte e bóo. Eu tamén sóo, vivindo no abandono, sin follas xa no derradeiro gallo que arrincándome foi o duro outono, surprico a Deus…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
No facho
Ollo aos meus pes a terra apoubigada i-envolvida na túnica lixeira dos velos trasparentes da neboeira que trota pol-o ár arrandeada. Perto do chan, o sol de retirada manda ao mundo a rayola derradeira, i-aparesce tremando a luz primeira d’unha estrela na bóveda azulada. Reina a paz i-o silencio n-esta outura a onde non chega o trafegar da xente, agarímase a i-alma na dozura que revoa arredor no…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Informaciós estóricas tocantes ós Celtas (Galizia céltiga)
Fontes
Dottin (1) trai unha lista dos autores gregos e romanos que se teñen ocupado dos Celtas. H. d’Arbois de Jubainville fixo un fondo estudo críteco d’ises testos no seu libro: Principaux auteurs d consulter por l’histoiré des Celtes, t.XII do seu Cours de litterature celtique, 1902. Fóra d’esto, hai os datos da arqueoloxía, da antropoloxía, da lingüísteca e do folk-lore.
Y-ainda queda a…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
O lugar está illado das xentes de ben
Foi que n-unha noite moura os do lugar, armados ladrós, roubaron o tesouro d’un sonado mosteiro.
Agardand’o intre do reparto da riqueza o capitán enterrouna en sitio segredo; mais ó si- guente día o capitán apareceu morto no se leito e nunca máis se soupo do tesouro.
Dend’aquela todas foron desgracias. Morrian as xugadas, merábanse os froitos da terra, mo- rrían estangarañados os rapaces,…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
As poboaciós pre-céltigas da Galizia (Galizia céltiga)
Fundándose nos testos d’Heredoto, Hecateo de Mileto e mais Avieno, os mais dos estoriadores non galegos, poñen a entrada dos Celtas na Peninsua Ibérica orredor do ano 500 enantes de Xesucristo. Inda que non teñamos esta afirmación por indiscutibel, ela ponnos no caso de termos que mirar cales poderon ser as poboaciós de Galizia enantes da chegada dos Celtas.
Murguía, recoñecendo ter habido…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
A sinificación do celtismo (Galizia céltiga)
Imos tratar eiquí, por razós d’oportunidade estórica –xa que os pobos céltigos seica queren vir de nóvo á actualidade– da época mais escura da Estoria de Galizia. N-un falar sinxelo, esquemático, y-empregando as menos verbas que poida.
Enantes d’entrar na materia, faremos unhas breves consideraciós. É o conto que non hai estoriador serio de Galizia que non poña na raza celta o fundamente da nósa…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Conto sinxelo
Conocín ó máis forte boxeador do mundo, Samuel Kupper. Tiña vinte e dous anos, máis forte que fora Jeffries nos seus bos tempos e con máis xeito que Johnson. Ganara xa o campeonato mundial de pesos medeos e d’un día a outro iba a loitar c’o vello campeón de pesos grandes. Era fixa a sua victoria. O vello campeón xa recibirta o consello de llo dar sin loita.
Samuel Kupper descansaba n-unha granxa…
View On WordPress
0 notes
diariogalego-blog · 9 years
Text
Unha carta de Leonardo Coimbra a Vicente Risco
Meu querido amigo:
Recebí o primeiro numero da revista ‘Nós’. Magnífica! O seu artigo é, meu amigo, o mais belo hino á terra e uma perfeita concepçâo do verdadeiro amor religioso. Ningués mais do que eu sentirá a verdade e a beleza desse verbo d’amor. Aprovo inteiramente a sua teoría da lembrança e sinto en açâo no seu pensamento as forças produndas que abriram a boca de Platâo.
Creio que Platâo…
View On WordPress
0 notes