Tumgik
#Clärenore Stinnes
higherentity · 10 months
Text
Tumblr media
6 notes · View notes
jartitameteneis · 9 months
Text
Tumblr media Tumblr media
Esta es Clärenore Stinnes, la primera persona que dio la vuelta al mundo en coche. Aquí la vemos en 1925, en su AGA descapotable. Y en medio de su aventura.
Su viaje se inició el 25 de mayo de 1927, rumbo al este. El viaje lo hizo al volante de un Adler Standard 6.
Viajó con un camión con víveres, dos mecánicos y un fotógrafo sueco, Carl-Axel Söderström. Eligieron a Söderström porque estaba casado y porque los suecos son más fríos.
Pero en Siberia los dos mecánicos abandonaron el viaje y volvieron a Alemania.
El viaje fue muy duro y el mundo siguió sus aventuras a través de la prensa. Sobrevivieron a tormentas de arena y temperaturas extremas hasta la curiosidad de cientos de personas que se encontraron en su camino y que nunca en su vida habían visto un coche. Llegaron a Berlín el 24 de junio de 1929, dos años después. Recorrieron 46.758 kilómetros a través de 23 países.
Söderström, que ya estaba casado, se divorció tras dar la vuelta al mundo. En diciembre de 1930 se casó con su compañera de viaje y se mudó con ella al sur de Suecia. Tuvieron tres hijos y vivieron en armonía 45 años.
Murió en 1990.
3 notes · View notes
valkyries-things · 12 days
Text
CLÄRENORE STINNES // RACE CAR DRIVER
“She was a German racing car driver. She was the first person to circumnavigate the world by automobile, accompanied by Swedish cinematographer Carl-Axel Söderström. She did the driving in an Adler Standard 6 automobile, escorted by two mechanics in a vehicle with spare parts. The 29,000-mile trip took just over two years. When they got back, Söderström divorced his wife and married Clärenore.”
Tumblr media
0 notes
vieirosdekakania · 7 years
Text
CANDO CLARENORE QUIXO VER O MUNDO
“Non deixaremos de explorar / E o final da nosa exploración / Será chegar ao sitio desde onde partimos / E coñecer o lugar por vez primeira...”
(T.S. Eliot, ‘Little Gidding’, Catro Cuartetos). 
 O cámara sueco Carl –Axel Söderström lembraría así no seu diario aqueles momentos drámaticos dun 13 de Agosto de 1928 nos Andes peruanos, errando entre a poeira e o abandono absoluto, sen auga nin destino, ás portas dun deserto último, o da alucinación e a morte: "Chorabamos como cativos. Os nosos zapatos estaban desfeitos polas pedras. Cada paso queimaba como lume. Por momentos, arrastrabamonos, agatuñando. A escuma saianos pola boca, crendo ver auga por todas partes – unha ilusión dos nosos ollos infectados…" Ao seu lado, termando del, cunha vontade impasíbel como un vimbio e unha ollada sen fenda algunha para o desalento, ía unha moza alemá, pequena e afoutada, incansábel… Chamábase Clärenore Stinnes e non estaba disposta a capitular: tivera un soño e estaba decidida a rematar de ver o mundo.
Tumblr media
 (Clärenore Stinnes, 1901, Mülheim an der Ruhr - 1990, Suecia) 
Pasaron moitos anos xa desde aquela peregrinaxe aloucada e xenial. Os seus protagonistas sobreviviran a unha nova proba de fogo: despois de percorrer case cincuenta quilómetros a pé e de beber mesmo a auga de refrixeración do auto para non esmorecer de vez, atoparon unha “Hacienda”. Söderstrom ardía coa febre e Cläremore velou a súa doenza dándolle té feito con follas de coca para que se recuperase. Un grupo de vinte indios peruanos remolcaron o auto no que viaxaban. O corazón fora máis forte que o naufraxio e aquela odisea podía proseguir.
A ollada percorre agora os mapas, as páxinas alouradas dos cadernos de bitácora, esas fotografías de cores queimadas polo tempo onde ficaron estampados rostros exultantes, esgotados, paisaxes remotas, ceos máis alá dos mares…Apenas quedan beiras xa no mundo que o fascinio poida alcanzar, libres de pegadas repetidas; apenas hai nomes xa de bosques, lagos ou cidades que se escoiten por vez primeira como nun conxuro. Europa ardeu na súa entraña e a inocencia da vida semella que se perdeu co devalo das decepcións.
Tumblr media
 (Carl-Axel Söderström, 1893, Korsnäs - 1976, Nyköping)
  Todo comezara un 27 de maio de 1927 en Frankfurt. A moza Clärenore Stinnes, filla do poderoso empresario Hugo Stinnes – o “barón do Ruhr” - non se resignaba a unha vida abastada e de fastío, decorativa, nin a un matrimonio arranxado como desexara a súa nai. As carreiras de coches e o afán da viaxe, da partida, eran a súa paixón, desde sempre. Nacera en 1901 en Mühlheim an der Ruhr e, aos trece anos, argallaba xa na mecánica dos autos e o sabía todo sobre eles.
Herr Stinnes morre de súpeto en 1924 e Clärenore, afastada de calquera decisión sobre o imperio industrial deixado polo pai (a nai deixa as empresas en mans dos fillos maiores) marcha para Berlín e, sen o apoio familiar, inicia a súa vida como corredora profesional de autos. Ese mesmo ano de 1924, co nome de “Fräulein Lehmann”, gaña o “Grande Premio de Moscova”, sendo a única muller que participaba nela. Ata o 1927, ano da grande viaxe, aquela moza bulideira (“pequeneira e riquiña”, calificáraa a prensa da época con certa displicencia…) que fumaba sen pausa, gustaba de levar gravata e de rir á vontade, gañaría ata un total de dezasete carreiras de autos.
Tumblr media Tumblr media
  (Foto familiar cunha Clärenore Stinnes nena - situada no medio da foto a soster nos brazos un irmanciño - , xunto aos seus pais e irmáns).
 Pero as estradas e os circuitos eran pouca cousa para aquela moza e ela idea, pois, algo que antes ninguén fixera: dar a volta ao mundo en auto. Cando un reporteiro do xornal vienés “Die Stunde” lle preguntou por que quería emprender esa viaxe, ela contestou simplemente, coa sinxeleza do alento mozo e a firmeza dos que acreditan na aventura e nos soños: “Por Deus, quero coñecer o mundo por min mesma, iso é todo!”.
Nas fotos que esa ollada, agora moi cansa, contempla e naqueles vellos fragmentos das imaxes gravadas por Söderström durante aquela travesía polo mundo adiante, repousa o testemuño do que sería unha das viaxes máis incribles e arriscadas do século XX. Cruzaron o lago Baikal a case 53 graos baixo cero e coñeceron tamén a bafarada infernal de Persia a máis de 50 graos de calor devoradora. Na travesía de China a Mongolia padeceron o incesante bater das treboadas de area, tal que avispeiros enlouquecidos. No deserto do Gobi tiveron que evitar a ameaza espreitante das caravanas dos señores da guerra; e nos Andes houbo que abrirse paso botando man de cargas de dinamita…
Había en todo aquilo algo da épica das viaxes iniciáticas dos antigos, da ladaíña interior dos derviches - danzando entre o delirio e a éxtase – Era unha ollada sobre a vida e sobre o mundo como a daquelas outras que alentaran antes expedicións a tumba aberta (Marco Polo, Alexander von Humboldt, Isabella Bird, Sir Richard Burton, Amelia Earhart…). Co signo das aventuras máis heroicas.
Tumblr media
 (Clärenore refrescándose nunha pausa dun treito da viaxe a través do deserto)
 E chegou esa data do 27 de maio de 1927…Clärenore Stinnes non tivera a aprobación nin o soporte económico da súa familia. Os 100.000 marcos que precisaba para a súa aventura obtívoos de varias grandes empresas: “Bosch”, “Continental” e “Aral”. A marca “Adler” fornécelle o auto, un “Standard 6” de tres marchas e 50 cabalos. Con esa viatura modesta, que apenas foi modificada no seu interior para poder durmir nela, aquela moza estaba decidida a ser a primeira persoa na historia en circundar o mundo en auto.
Escollou como único acompañante o cámara Carl-Axel Söderström quen, en propias palabras dela, lle inspiraba confianza pola súa orixe sueca - máis axeitada, segundo ela, para sobrelevar as continxencias dos diversos climas e paisaxes… – e porque era un home casado. Ían con eles dous mecánicos. Na equipaxe, 6 armas de fogo, 2800 cargas de munición e 128 ovos cocidos como reserva de víveres (e mais un par de traxes de noite para Cläremore). Máis nada.
Partiron de Frankfurt cara ao leste. No segundo día de viaxe, sofren xa o primeiro picado dunha roda; en Praga o embrague do “Adler 6” deixa de funcionar. En Belgrado anota Söderström no seu diario: „Daríao todo por estar de novo en casa…”. En Moscova, un dos mecánicos, Hans Grunow, ten que abandonar por mor dunha apendicite. No entanto, proseguen e cruzan os Balcáns coa vista posta en Siberia. Na cidade rusa de Irkurst deben agardar dúas semanas a que o lago Baikal vire xeado para que lles sirva de paso. Mentres o cruzan, senten como o xelo crepita e se quebra ao seu paso e mesmo presencian como un carro xunto co seu cabalo se afunde naquelas augas glaciares. O perigo é enorme, mais Cläremore non se arreda e acelera a fondo. Atinxiron a outra beira, están salvados e ela embebédase a conciencia con vodka e viño da Madeira…
Os viaxeiros deben encarar as estepas xélidas, os lameiros sen fin, as sombras arfantes de lobos esfameados, os ataques con coitelo de rusos bébedos e imprevisibles. Ademais, en Novosibirsk o segundo dos mecánicos, Viktor Heidtlinger, capitula... Agora soamente están eles dous. Mais a confianza entre Clärenore e Carl-Axel acrecéntase na superación destas barreiras e, con ela, vaise sementando devagar o seu amor futuro.
Tumblr media
 (Imaxe da parte posterior do "Adler 6")
Tumblr media
(Clärenore Stinnes e Carl-Axel Söderström) 
Tumblr media
(Imaxe do auto de Clärenore - á esquerda da foto - cruzando a estepa siberiana) 
O cineasta alemán Friedrich Wilhelm Murnau, que coñeceu Cläremore Sinnes, diría dela que era “a intérprete ideal de A doncela de Orleáns”, aquel drama de Schiller que honra e sublima a figura de Xoana de Arco. As palabras que se poden ler no diario de Söderström en verdade proxectan sobre a moza esa mesma aura de férrea afouteza: “A Srta. Stinnes ten que estar feita de aceiro, vendo como o soporta todo sen se queixar…”
Polo deserto do Gobi, o relato da aventura cobra unha dimensión dramática. Os “Honghuzi”  - “os barba-vermella”, unha sorte de señores da guerra chineses (fatos de ladróns espallados entre o Sudeste de Siberia e o o Norte de Manchuria), están á espreita por toda parte. Os nosos viaxeiros deben loitar con desespero contras as chamas que envolven agora o auto e, logo disto, aínda deberán arranxar un dos amortecedores quebrados para poder fuxir dalí canto antes. Sobre ese episodio escribiría Cläremore: “Traballabamos de xeito enfebrecido, máis co martelo do que coa paciencia. As nosas mans estaban esfoladas polas feridas e ensanguentadas. A présa foi a nosa salvación porque das cuíñas xurdían xa os seguintes Honghuzi. Saltamos ao auto, acendimos os motores e así foi como fuximos dos nosos perseguidores...”
Tumblr media
  O 28 de abril de 1928 chegan á costa do Xapón. Levaban xa case un ano de travesía por medio mundo…Desde aí, e viaxando en barco ata Hawai e logo ata os EEUU, proseguen ata Lima. A viaxe por terra continúa ata Buenos Aires, a onde chegan un 12 de decembro dese mesmo ano. Regresan por barco aos EEUU facendo escala en Panamá a finais de febreiro de 1929 e, desde a California, aínda botarán case tres meses cruzando de costa a costa todo o país. No seu imaxinario errante, dalgún xeito, están descubrindo outravolta o continente americano, que renace ao seu paso como nunha nova fundación.
A súa viaxe épica xa non pasa desapercibida: os reporteiros e os fotógrafos non lles dan acougo, o propio presidente, John Edgard Hoover, recíbeos na Casa Branca. Henry Ford convídaos a visitar a súa fábricas en Detroit…E desde o porto de Nova Iorque regresan á vella Europa, con destino en Le Havre, un 7 de xuño de 1929. Esa travesía atlántica é a derradeira estación de paso daquela aventura única.
En Le Havre, haberá aínda un episodio decisivo e moi agridoce en todo este relato: Söderström xa non ama máis a súa muller, que esperaba por el con debezo no porto francés. A súa compañeira de fatigas e amenceres a través de 23 países é quen lle late agora e para o resto da súa vida nos pulsos e nos beizos… O soño de Clärenore remata, realizado, o 24 dese mesmo mes de xuño do 1929, ao chegaren os viaxeiros ao seu destino derradeiro, Berlín. O contador do auto marcaba a cifra de 46.758 Km, percorridos ao longo de máis de dous anos de travesía.
Tumblr media
(Repostando en California)
Tumblr media
 (Fin da viaxe, 24.06.29, Berlin)
Fóra, cae paseniñamente a neve sobre os campos do sur da Suecia e sobre unha granxa... Clärenore viviu nesa granxa durante sesenta anos. Retirouse alí logo de Carl-Axel se divorciar da súa muller en 1930 e de casar con ela. Terían tres fillos e pasarían alí xuntos o resto da súa vida.
As mans fechan os álbumes, os cadernos, os secreteres que agochan as lembranzas, as cartas, as imaxes gastas, toda a paixón dormente daquel tempo polos vieiros do mundo por onde Clärenore e o seu cámara descubriron as outras faces da orbe e esa esteira fráxil que conduce ao amor certo. Xa nunca máis se botarán a andar polos camiños da terra. En 1976 falecería Carl-Axel; tres anos despois do seu pasamento Clärenore atopou os catro cadernos que o seu home escribira ao longo daquela viaxe. O soño de Clärenore foi cumprido e, como unha estrela fugaz, irrepetible, xa non regresaría.
 .................................................... 
(A seguir, adxuntamos un vídeo que se corresponde cun fragmento do material fílmico da viaxe, editado en 1931 por Clärenore Stinnes e Carl-Axel Söderström baixo o título "Im Auto durch zwei Welten" - "En auto a través de dous mundos")
youtube
1 note · View note
Note
Clärenore Stinnes war der erste Mensch, der mit dem Auto die Welt unrundet hat. Retrospektiv Very German.
*die erste europäische Frau
aber mit einem sehr Deutschen Auto yes
9 notes · View notes
frauhupfner · 3 years
Text
Just in case someone wonders where I got the name “Clärenore” from: Clärenore Stinnes . (It’s not a common name over here in Germany as far as I know and she is the only “Clärenore” I ever heard of.)
Tumblr media
7 notes · View notes
aiiaiiiyo · 6 years
Photo
Tumblr media
Portrait of Clärenore Stinnes, who was the first person to drive the world entire world by car. Taken sometime between 1927-1929. [780 x 594] Check this blog!
10 notes · View notes
safetyphoto · 6 years
Photo
Tumblr media
Portrait of Clärenore Stinnes, who was the first person to drive... https://ift.tt/2QaPSmP
0 notes
histolinestimeline · 6 years
Photo
Tumblr media
Portrait of Clärenore Stinnes, who was the first person to drive the world entire world by car. Taken sometime between 1927-1929. [780 x 594] #HistoryPorn https://ift.tt/2JuwdMs
0 notes
vintageautoracing · 6 years
Link
To enjoy this film in English please turn on Closed Captions (CC) Typically we start these descriptions with the location, the car, and the driver, but Heidi Hetzer and her 1930 Hudson Great Eight don’t fit the mold, seeing as the 77-year-old took her rather ancient automobile on a journey around the world. Inspired by Clärenore Stinnes, the first to accomplish such a feat, Heidi battled cancer, nearly lost a few fingers, and defied the odds during the course of her monumental road trip. Possessing a spirit found in few, her love of driving is positively boundless, and so is her cheery outlook on life and the people you meet along the way. See the photoshoot and further info here: https://petro.li/HudsonGallery Drive Tastefully® http://Petrolicious.com http://facebook.com/Petrolicious
0 notes
evabites-blog · 6 years
Photo
Tumblr media
Clärenore Stinnes. #ilustración #illustration #atlas #history #womanhistory #feminism #drawing #art #beautiful #feminismo
0 notes
Clärenore Stinnes
Fille d'un riche industriel et championne de course automobiles, Clärenore Stinnes, s'émancipe des conditions de sa classe et devient la première femme à effectuer le tour du monde en voiture entre 1927 et 1928 à l'aide d'un nouveau modèle de voiture n'ayant jamais roulé auparavant.
Elle traverse entre autre le lac Baïkal, le désert de Gobi, gravit mont Fuji, dynamita un passage dans les Andes, puis visite les usines Ford aux USA, avec Ford lui-même et enfin déjeune avec le président Herbert Hoover.
0 notes
motorblogger · 11 years
Link
0 notes