Tumgik
#deseño
dandjiheart · 5 months
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Brazilian Folklore
3 notes · View notes
fedrawer-blog · 1 year
Photo
Tumblr media
Juniper Lee ilustra para o @desenhoetilico com o tema #cartoonnetwork #juniperlee #thelifeandtimesofjuniperlee #avidaeaventurasdejuniperlee #cartoonnetworkbrasil #cartoon #magic #monster #aventure #desenhoetilico #fantasticbeasts #posion #draw #desenho #dibujo #deseño #ilustra #ilustracion #waterpincel #watercolor (em Campo limpo Z/S) https://www.instagram.com/p/CkgJwGsu0MN/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gloriapaviaillu · 2 years
Photo
Tumblr media
0 notes
zsofiarosebud · 1 year
Text
Teño unha lata da expedición Franklin <3
17 notes · View notes
Text
Tumblr media
First draft of my q!jaiden design!
La primera versión de mi deseño de q!jaiden!
O primeiro rascunho do meu projeto q!jaiden!
la première ébauche de mon design q!jaiden!
21 notes · View notes
coralrodriguezgarcia · 3 months
Text
Tumblr media
👏O CONCELLO DE CERVO PON EN MARCHA O PROGRAMA 𝐴R𝑅U𝐺U𝐼Ñ𝐴S DIRIXIDO Á POBOACIÓN MAIOR DE 60 ANOS
👉A proposta integral de envellecemento activo, e que se prolongará inicialmente ata o mes de xuño, inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o seu día a día e fomentar a súa socialización
👉O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de febreiro na Casa da Cultura
O Concello de Cervo vén de deseñar un novo programa dirixido especialmente á poboación maior de sesenta anos baixo o título “Arruguiñas”.
A iniciativa, que foi presentada este mediodía no auditorio da Casa da Cultura pola rexedora, Dolores García Caramés, e pola edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, artéllase sobre catro piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; todas estas propostas compoñen unha iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente.
🗣Tal e como explicou a alcaldesa, “levamos meses configurando con moito mimo este programa co que pretendemos chegar a toda a veciñanza que se atope neste etapa de madurez, para ofrecerlles todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu desenvolvemento persoal durante esta etapa da vida, motivándoa a permanecer activa e recordándolle o papel fundamental que desempeñan no noso municipio”.
A rexedora apuntou que levamos xa moitos anos programado os talleres de memoria nas diferentes parroquias con gran éxito de participación, pero pensamos en crear un programa máis amplo, completo e transversal baixo o paraugas de “arruguiñas”, para o que tamén contamos coa colaboración da asociación Saúde Mental A Mariña que impartirá os talleres terapéuticos que terán lugar cada venres, na Casa do Mar, en horario de 16:00 a 17:00 horas. Serán uns encontros moi bonitos que servirán tamén de convivencia e intercambio de experiencias coas persoas que padecen algún tipo de trastorno mental, usuarias desta asociación –apuntou a rexedora- que lle trasladou o agradecemento do Concello a esta asociación, a través da súa directora, María José Novoa “por estar sempre dispostos a colaborar, por esa reprocidade constante en todas cantas iniciativas se programan”. Entre os obradoiros previstos para os próximos meses con esta asociación están un taller de resina, un textil, un de elaboración de xabóns artesanais e un de deseño de libretas e axendas.
Ademais, como se dixo o programa contempla un taller de memoria no que se traballarán técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral; que terá lugar, inicialmente, na biblioteca de Cervo, os martes e xoves de 16:30 a 18:00 horas; e en San Ciprián, os luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa do Mar. Tamén se levarán ás outras parroquias se se cumpre o mínimo de 6 persoas inscritas.
Por outra banda, actívate terá lugar cada martes na Casa do Mar, cada martes, en horario de 11:30 a 12:30 horas cos seguintes talleres:
• Conectámonos, dirixido a favorecer o manexo das novas tecnoloxías
• A miña voz interior, taller no que se traballará a mente desde os recordos e as emocións na procura dunha activación cognitiva.
• A miña mente,enfocado a estimular, potenciar, recuperar e preservar as actividades sociocognitivas.
• Envellecemento activo, enfocado á estimulación das habilidades manipulativas e á psicomotricidade fina.
Ademais “Arruguiñas” tamén inclúe o programa Móvete, co fin de favorecer a incorporación de exercicios á rutina diaria para manterse activos/as, fomentando ademais a socialización. Será os luns e mércores, de 9:30 a 10:30 horas, na Casa do Mar.
E un martes ao mes terá lugar a iniciativa CHARLANDO, que serán encontros informais e didácticos con profesionais de diferentes sectores da sociedade.
Tal e como afondou a alcaldesa, “tamén quixemos achegar Arruguiñas ás persoas usuarias do Centro de Día Residencia”. Levaremos alí o programa actívate, cada xoves, pola mañá; e promoverase tamén o obradoiro coas túas mans cada mércores e venres de 11:00 a 12:00 horas; un taller de manualidades para traballar a atención e a concentración, e a súas habilidades cognitivas.
As persoas interesadas en inscribirse teñen ata o 15 de febreiro para facelo na Casa da Cultura, e o taller comezarase a impartir na semana do 19 de febreiro.
Con Adaoemam A Mariña
3 notes · View notes
carloskaplan · 11 months
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Deseños para carpintaría de Art Nouveau catalán (1900)
5 notes · View notes
manulm34art · 1 year
Text
Tumblr media
Hai pouco comecei a facer deseños de cartas Pokémon e o estou a pasar moi moi ben. A miña intención é facer unha para cada Pokémon da terceira xeración e logo máis se a cousa sae ben. Decido que bicho é o seguinte utilizando un xerador de números ao chou. A que decora este post foi a primeira de todas que rematei, Snorunt. Irei compartindo máis máis adiante según vaia acumulandoas.
2 notes · View notes
praza-catalunya · 9 days
Text
Esculturas e debuxos de Josep María Subirachs
A ben coñecida galería Artur Ramon presenta a mostra Subirachs. En essència. Escultura i dibuix 1952-2002, unha magnífica selección de obras escultóricas e debuxos que recollen as ansias creadoras deste grande artista, ben coñecido polos seus traballos no templo da Sagrada Familia de Barcelona. Unha exposición que debería ser presentada por un museo. Que fai o MACBA que non organiza esta actividade aos 10 anos do pasamento do artista?
Lito Caramés
Tumblr media
Subirachs. Dona negra, 1951
Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002. Galeria Artur Ramon
El títol, “Subirachs. En essència”, fa referència a la voluntat que el va guiar d’arribar a la forma sintètica, a l’esquematització i a la simplificació: a tot allò primordial, transcendent i primigeni. Aquell Subirachs que sobresurt com un dels artistes més representatius de la renovació escultòrica a Catalunya de postguerra. (Conxita Oliver i Joan Gil, comisarios da mostra).
Neste mes de abril de 2024 fai os dez anos do pasamento de Josep Maria Subirachs i Sitjar (1927-2014), un artista polifacético e complexo que destacou, por riba de todo, como escultor. Ao longo da súa extensa vida e obra tamén cultivou a pintura o deseño, así como creador de escenografías para diversas obras de teatro ou fundidor de medallas conmemorativas. Desde hai uns sete anos, en Barcelona -vila na que naceu e morreu-, existe un Espai Subirachs dedicado á memoria, estudo e conservación da figura do grande escultor.
E, unha vez máis, dáse o paradoxo de que unha galería privada, a dinámica galería de arte Artur Ramon, produce e presenta ao público a mostra Subirachs. En essència, unha exposición que conta cunhas 50 creacións do autor de obras públicas ben significadas, como pode ser todo o traballo de ampliación da Sagrada Familia, ou o Monumento a Francesc Macià que se atopa na céntrica praza de Catalunya de Barcelona. O paradoxo reside en que, para conmemorar os dez anos da morte de Subirachs non sexan entidades públicas as que se encarguen destes mesteres. Que fai o MACBA? Des que se produciu o escándalo da destitución de Bartomeu Marí por permitir presentar unha escultura que- -ao parecer- se burlaba de Juan Carlos I, ese museo semella que non atopa o rumbo, nin a serenidade suficiente como para saber facer o seu traballo de promoción artística.
Tumblr media
Subirachs. Èdip i Antígona, 1955
Pois, parabéns á familia Ramon por esta iniciativa. E tamén aos comisarios (Conxita Oliver e Joan Gil) que tan ben souberon elaborar e presentar esta cantidade de obra. A cincuentena de pezas expostas pertencen á galería Artur Ramon. Segundo comenta Mònica Ramon, o seu pai (Artur Ramon) foi o marchante de Subirachs perante 40 anos e, froito desa relación profesional, tamén se seguiu outra amistosa.
Josep Maria Subirachs foi sempre un traballador incansable; proba diso é a nómina de obra feita ao longo de décadas. Tamén foi persoa interesada en coñecer novos vieiros, novas formas de creación artística. Un artista total que soubo camiñar polo arame da figuración, pola abstracción, pola simplificación de formas a fin de poder representar mellor aquelas teimas, aquelas obsesións que o perseguían. En escultura tanto lle ten apuntarse aos traballos en bronce como en pedra; en ferro ou madeira. E as combinacións de varios, como demostran as súas series de Falca. Algunhas das súas pezas mesmo poden ir polas experiencias da arte metafísica, como xa fixera de Chirico, ou por surrealismos próximos a Magritte ou Miró (como Miró e Ferrant agradáballe facer pezas de ferro con objets trouvés).
A súa figura tamén estivo rodeada de polémicas. En 1986 recide e acepta o encargo de seguir as obras da Sagrada Familia, alí onde as deixara Antoni Gaudí. Un encargo comprometido, e aí saltou a polémica. A máis importante -e que semella que aínda non se lle perdoou- a liña de traballo pola que optou nun dos encargos máis duros e complexos dos que se encargou: a ampliación do templo expiatorio da Sagrada Familia; seguir onde a deixara a obra inxente de Antoni Gaudí. A polémica durou (e dura) décadas, case tanto como as eternas obras do templo.
Tumblr media
Subirachs. Job, 1956
Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002. Henri Moore. Jorge de Oteiza
Per a Subirachs, com a mitjà d’expressió, el dibuix s’adapta de mode versàtil per traduir pensaments, gestos, incerteses o anàlisis. El seu atribut fonamental és la inmediatesa, ja que a través del dibuix es genera un perllongament del pensament d’una manera directa, essent el recurs d’experssió que guanya la batalla al temps. (Conxita Oliver i Joan Gil, comisarios da mostra).
No anterior texto dos comisarios de Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002. obsérvase a importancia que o autor de Dona negra (1951) lle concede ao debuxo. O debuxo como ferramenta polo que os humanos expresan as súas teimas, preocupacións. Ser mortal é unha das claves para comprender as necesidades dos seres humanos, e o debuxo, como mecanismo case automático facilita a comunicación con aquilo que atopa máis aló da liña do horizonte. Hai uns anos (2019) a Fundación Mapfre presentou en Sitges a mostra Del modernisme a les avantguardes. Dibuixos de la col·lecció de la Fundación MAPFRE. A tese da ampla e valiosa colección de deseños presentada era precisamente esa: o debuxo é a base, é a orixe da arte. O crítico e estudoso John Berger deixou escrito: Para o artista debuxar é descubrir. (...) É o acto de debuxar o que forza ao artista a mirar o obxecto que ten diante, a diseccionalo e volvelo unir na súa imaxinación, ou, se debuxa de memoria, o que o forza a afondar nela, ata atopar o contido do seu propio almacén de observacións pasadas (Berger on Drawing, 2005).
No ano 1950 Subirachs vaise a París cunha bolsa de estudos do Círculo Maillo do Instituto Francés. Vindo da vida gris e frustradora do franquismo, a chegada á capital francesa representa o coñecemento das direccións das vangardas artísticas. E alí descubre a Henry Moore, o grande escultor británico. De toda a súa creatividade, o tema máis representado e repetido por Moore foi Figura feminina reclinada. O seu interese por tal postura vén de coñecer a escultura maia do Chac Mool, representado cos xeonllos dobrados, apoiado nos cóbados e mirando por riba do ombreiro. Moore afirmou en máis dunha ocasión que esa era a posición que máis lle interesaba porque era a que daba máis liberdade ao corpo humano. Pois agora en Artur Ramon (Subirachs. En essència. Escultura i dibuix) están presentes varias pezas escultóricas, e mesmo debuxos que aluden directamente á figura figura (humana) reclinada; esa postura de total liberdade, segunda Moore. Unha delas é a citada Dona negra, ou Dona ala platja, ou Ponent.
Como é de esperar, nas creacións de Subirachs atópanse similitudes coas producións de outros artistas coetáneos e anteriores. Algunhas poden remitir -na súa simplificación mesmo xeométrica- a pezas de Brancusi, outras (Ferro, 1957) parecen seguir os vieiros xa pisados por artistas anteriores á Guerra Civil: Picasso ou o seu amigo e colaborador Julio González, o autor da impoñente Montserrat, creada para o pavillón da Segunda República na Exposición Universal de Paría de 1937.
Tal vez se poida, tamén, establecer paralelismos cos xeitos e modos de traballar de Jorge Oteiza e Josep Maria Subirachs. Paralelismos nas súa procuras cara as liñas abstractas, as esencias que dan nome a esta exposición, pero tamén a outros aspectos que teñen que ver directamente coas vidas creadoras destes dous grandes escultores. Jorge de Oteiza tivo un calvario particular coa súa participación fundamental na concepción e decoración do santuario de Arantzazu. Para ese templo traballou e traballou ata lograr confeccionar os seus famosos Apóstolos xigantes que agora ocupan e decoran a fachada do santuario. Oteiza deseñou os famosos 14 apóstolos nun friso situado por riba das portas (a modo de catedral gótica?). Ao coñecer as tallas que estaba a facer Oteiza, as autoridades eclesiásticas piden unha avaliación e a Pontificia Comisión Central para a Arte Sacra de Roma envía un informe no que propón paralizar as obras inmediatamente por ser as figuras aberrantes, brutalistas e contrarias aos preceptos católicos. Os 14 apóstolos, xa tallados en granito, permaneceron na cuneta da estrada que chegaba ao santuario ata que se puideron colocar no ano 1969. Por que Oteiza elaborou (e colocou) 14 apóstolos? Seica cada vez que lle preguntaban daba unha resposta diferente: todos somos apóstolos, porque non caben máis, 14 son os traineros de Orio, ...
En paralelo, Subirachs atopou as críticas feroces e irredentas quizais onde non as esperaba, e tamén noutro templo: nas obras da Sagrada Familia de Barcelona. Fronte ao naturalismo e o o modernismo adorador da natureza de Gaudí, Subirachs aposta pola simplificación de liñas e formas, pola abstracción nas figuras, e tamén polo brutalismo nalgunhas das súas creacións. E iso aínda agora non se lle perdoou.
Tumblr media
Subirachs. Ponent, 1962
Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002. Sufrimento
El fet decisiu que ens mostra la raó profunda del perquè existeix l'art és la consciència que els humans tenim de la mort. L'art, pel caràcter intemporal de l'obra i pel seu valor metafísic, és el que veritablement s'oposa a la mort. L'ésser humà, davant la tràgica informació que la vida té un límit, es rebel·la i inventa l'art per defensar-se de la desesperació, en un suprem esforç per lluitar amb honor en una batalla perduda per endavant (VVAA. Subirachs. Volums, textures, símbols. Obres de 1953 a 2002. Departament de Cultura, Generalitat de Catalunya, 2003).
Unha das constantes na creación de Subirachs foi a preocupación que sempre tivo polas vicisitudes vitais da humanidade. En concreto por todo aquilo que transcendía sufrimento, paixón.
Por esas razóns tratou e traballou temas moi relacionados con esas constantes. Mesmo as súas xigantescas esculturas para a Sagrada Familia son “doentes”. O mesmo se pode dicir do tema de Ícaro, o humano que pretende chegar tan alto como os deuses. Noutras ocasión é Job, aquel home que soportou os caprichos da divindade. Outra proba das preocupacións existencialistas do artista é que moitas das esculturas, moitos dos corpos humanos que elabora en calquera material, teñen os seus corpos inzados de feridas, de marcas, de sinais de padecemento.
Agora en Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002 están algunhas destas pezas, ou deseños e estudos para elas. En Dona negra a muller deitada está adoecida; esa tensión cobra forza ao saberse que esa figura creada en 1951 (plena posguerra) foi un estudo para unha peza grande que se ía chamar Europa, o continente doente, sufridor das barbaries de mediados de século pasado (e outras posteriores que houbo e hai).
Visitar Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002 é presenciar unha mostra digna de grandes espazos públicos e tamén coñecer a pluralidade creativa dun artista polifacético, tocado polas musas e mais polos destinos da humanidade.
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Subirachs. En essència. Escultura i dibuix, 1952-2002.
Galería Artur Ramon
ata o 31 de maio de 2024
Tumblr media
Subirachs. Imhotep, 1989
0 notes
Text
In Which The Artist Has A Dream
Los sueños son proféticos.
Es importante tener sueños bonitos.
Soy un artista, mis deseños están en el escenario.
y mi pelo
…mi pelo es fabuloso
0 notes
ochoislas · 1 month
Text
Tumblr media
Del Chan adepto que ignoraba el Chan, quise acabar mi vida en la montaña. Me cubre un hábito de mil puntadas; me ciñe un cinto de bambú trenzado. Cursos y cimas al patriarca glosan; flores y aves revelan el arcano. Tal vez me siento solo en un peñasco, un día del mes, en clara madrugada.
Hondo en las nubes levanté un chamizo, me contenta de sobra esta existencia. Cuando el fuego desmaya, cuezo taros; abandoné deseños, mas no letras. Quieto cual yelo paso los tres términos; vasto cual lampo alcanzo diez vacíos. Cuanto acaece allá el chamizo ignoro; si abren, caen las flores veces ciento.
Shiwu
di-versión©ochoislas
*
我本禪宗不會禪 甘休林下度餘年 鶉衣百結通身挂 竹篾三條驀肚纏 山色溪光明祖意 鳥啼花笑悟機緣 有時獨上臺磐石 午夜無雲月一天
白雲深處結茅廬 隨分生涯樂有餘 未死且留煨芋火 息機何必絕��書 湛然凝寂通三際 廓爾圓明褁十虛 菴內不知菴外事 幾番花落又還敷
石屋
0 notes
dandjiheart · 6 months
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
A gift for my friend 🌻❤️
2 notes · View notes
fedrawer-blog · 6 months
Text
Tumblr media Tumblr media
0 notes
gloriapaviaillu · 2 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Algúns deseños de pegatinas que están dispoñibles na miña tenda online. 
https://globorebi.bigcartel.com/
0 notes
cookacake · 2 months
Text
Tumblr media Tumblr media
Deseños que se me ocorriron en clase de latín sobre pendientes baseados nas columnas que viña de estudar en clase de historia da arte. A miña profesora de latín prefería o segundo, eu o primeiro.